Diferenzas entre revisións de «Embrión»

desambiguación: ADN -> Ácido desoxirribonucleico; arranxiños
m (bot Engadido: ko:배 (생물학))
(desambiguación: ADN -> Ácido desoxirribonucleico; arranxiños)
Un '''embrión''' é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos que se reproducen de xeito sexual, a fusión do [[espermatozoide]] e do [[óvulo]] no proceso chamado [[fecundación]], determina a formación dun [[cigoto]], que contén unha combinación do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] de ambos proxenitores.
 
Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas [[blastómero]]s. Logo diso iníciase un proceso de ([[diferenciación celular]]) que determinará a formación dos diferentes órganos e texidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.
 
Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: [[blástula|blastulación]], [[gástrula|gastrulación]] e [[organoxénese]].
 
[[Ficheiro:Tubal Pregnancy with embryo.jpg|thumb|right|250px|Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm.).]]
O embarazo comeza cando un [[espermatozoide]] fecunda a un [[óvulo]] e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviducto ([[trompa de Falopio]]) da muller. O cigoto divídese primeiro en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, chegando ao cuarto día á mórula. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no [[útero]], entre 4 e 7 días despois da fecundación.
 
Trinta horas despois da concepción, o cigoto sufre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partires de ese momento, segue a se dividir a medida que percorre a trompa de Falopio. Implántase na parede uterina uns seis días despois da fecundación, cando xa se converteu nunha esfera de células con unha masa embrionaria discoidal. Na segunda semana comeza a formarse a [[placenta]], que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de texido primordial: endodermo, ectodermo e mesodermo. No curso da terceira semana fórmase o [[tubo neural]], precursor do [[sistema nervoso]]. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que surxirán os principais [[órgano (bioloxía)|órganos]] e [[glándula]]s. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xurden cara o final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os [[ollo]]s son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un [[corazón]] de catro cavidades.
 
Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o [[embrioblasto]], que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o [[trofoblasto]] que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O [[endometrio]] nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002398.htm Páxina referida ao ciclo do embrión en Medlineplus (castelán)] {{es}}.
* [http://yourembryo.blogspot.com Desenvolvemento do feto humano] {{en}}.
 
[[Categoría:Embrioloxía]]
128.453

edicións