Benito Pérez Galdós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Carronada (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Galdós era o décimo fillo dun coronel do [[exército español|exército]], Sebastián Pérez, e de Dolores Galdós, unha dama de forte carácter e filla dun antigo secretario da [[Inquisición]]. O seu pai inculcou no fillo o gusto polas narracións históricas contándolle acotío historias da [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]], na que participara. A súa imaxinación foi desbordante xa desde moi novo. En [[1852]] ingresou no Colexio de San Agustín, que aplicaba unha pedagoxía activa e bastante avanzada para a época, durante os anos en que empezaban a espallarse por [[España]] as polémicas teorías [[Charles Darwin|darwinistas]], do cal hai ecos en obras súas como, por exemplo, ''[[Dona Perfecta]]'' (Doña Perfecta).
 
Obtivo Galdós o título de bacharel en Artes en [[1862]], no Instituto da Lagoa, e comezou a colaborar na prensa local con [[poesía]]s satíricas, ensaios e algúns contos. Tamén se destacou polo seu interese polo debuxo e a pintura. Logo da chegada dunha curmá súa a casa, o novo Galdós trastornouse emocionalmente e os seus pais decidiron que se fose á capital a estudar a carreira de Dereito.