Psicanálise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bar:Psychoanalyse; cambios estética
Liña 15:
Máis recentemente, algunhas formas de psicanálise procuran, entre outras cousas, axudar os pacientes a gañar autoestima ou a ter unha maior confianza en si mesmos, sobrelevar o medo da morte e os seus efectos no comportamento e manter relacións que poden parecer incompatibles.
 
== Historia ==
 
A historia da psicanálise comeza cos traballos de [[Sigmund Freud]], un neurólogo interesado en atopar un tratamento efectivo para pacientes con síntomas [[neurose|neuróticos]] ou [[Histeria|histéricos]] en Viena (Austria) na década de [[1890]]. Da consulta cos seus pacientes, Freud chegou a postular que os seus problemas nacían de desexos e fantasías sexuais socialmente inaceptables e polo tanto reprimidos e [[inconscientes]]. A medida que foi desenvolvendo a súa teoría incluiría así mesmo desexos e fantasías de natureza [[agresión|agresiva]]. Freud consideraba estes aspectos da vida [[instinto|pulsións instintivas]], enerxía libidinal, os instintos de [[Eros (Freud)|Eros]] e [[Tánatos]]. O concepto freudiano de Eros/Libido abranguía todos os instintos creativos e sostedores da vida. O instinto da morte representaba o impulso de regreso ó estado de calma, de non-existencia. Desde os tempos de Freud, a psicanálise desenvolveuse de moitas formas, en especial, como estudo do sentido [[persoal]], [[interpersoal]] e [[intersubxectivo]] do eu.
Liña 22:
 
 
== Teorías ==
 
A psicanálise é teoricamente moi diversa. A meirande parte dos analistas usa algún dos seguintes modelos psicoanalíticos da mente.
 
=== O modelo topográfico ===
 
O modelo topográfico da mente elaborouse para axudar os analistas a entender como os pacientes reprimían desexos, fantasías e pensamentos. No modelo topográfico, a mente está dividida en tres sistemas: o [[consciente]], o [[preconsciente]] e o [[inconsciente]]. O sistema consciente inclúe todo aquilo do que somos conscientes nas nosas mentes. O preconsciente inclúe material do que podemos ter consciencia pero do que normalmente non somos conscientes. O inconsciente inclúe material que trasladamos defensivamente da nosa consciencia por medio da represión ou outros mecanismos de defensa.
 
No traballo clínico, os analistas tentan mover o material inconsciente ó preconsciente e logo á mente consciente para aumentar a autoconsciencia do paciente.
Liña 34:
A pesar de que o modelo topográfico permanece en uso en varias discusións e formulacións clínicas, o mesmo Freud se decatou das súas limitacións e paradoxos. En concreto, observou que o conflito ocorre non só entre a consciencia e a inconsciencia senón entre diferentes procesos mentais dentro do inconsciente. Freud sentía que era necesaria unha nova teoría para dar conta desta observación e propuxo o modelo estrutural de 1923.
 
=== O modelo estrutural ===
É o modelo psicanalítico da mente máis famoso. O [[Ego, superego e id|modelo estrutural]] divide a mente entre o [[Ego, o Superego e o Id]]. O id é a fonte dos nosos desexos, entre os que se inclúen os impulsos sexuais e agresivos. O superego inclúe os nosos ideais e o código moral. O ego está construído por un grupo de mecanismos (verificación da realidade, xuízo, control dos impulsos, etc.) que nos axudan a lidar co mundo real. Os analistas que usan o modelo estrutural fócanse comunmente en axudar os pacientes a sobrelevar e manexar os conflitos que ocorren entres estas tres axencias mentais. Moitos usan o modelo estrutural para a diagnose clínica. Esta diagnose supón unha avaliación do nivel de funcionamento do id, do ego e do superego do paciente, e as áreas de febleza e fortaleza de cada un deles. Por exemplo, os psicoanalistas diagnostican un paciente como psicótico se o seu ego sofre dun dano na comprobación da realidade, na verificación do que é real ou non.
 
=== O modelo económico ===
 
O modelo económico da mente case non é usado hoxe pero tivo moita importancia historicamente. No modelo económico, a mente é representada como un sistema de enerxía. A enerxía mental ou [[líbido]] pode ser distribuída de xeitos moi diversos a través do sistema, surtindo de enerxía varios procesos ou actividades. A maioría dos analistas abandonaron o modelo económico pola súa complexidade e depender de ideas decimonónicas acerca da hidráulica. Aínda así, un pequeno número de analistas retén o modelo porque coidan que a súa vaguidade é de moita xuda ó aludir a trazos da vida mental que xacen máis alá do entendemento científico.
 
=== O modelo de conflito ===
 
O modelo de conflito da mente está deseñado para axudar a entender conflitos mentais específicos. Este modelo da mente divídea en unidades básicas denominadas formacións de compromiso. Unha formación de compromiso consiste nun desexo, un sentimento de desagrado acerca do desexo e unha defensa usada para eliminar aquel sentimento de desagrado. Por exemplo, un paciente podería ter un desexo agresivo de atacar figuras con autoridade que podería desembocar nun sentimento de medo ou temor a ser castigado antes que nun asalto físico ós seus superiores. O produto do desexo, desagrado e defensa toma a forma dun compromiso entre os tres. Algúns analistas argumentaron que este modelo é o modelo psicanalítico máis importante en tanto que distingue a psicanálise doutras teorías psicolóxicas como a [[psicoloxía humanística]] que minimiza o conflito mental.
 
== Psicoanalistas célebres ==
=== Alemáns ===
* [[Karl Abraham]]
=== Arxentinos ===
* [[Juan David Nasio]]
=== Austríacos ===
* [[Joseph Breuer]]
* [[Anna Freud]]
* [[Sigmund Freud]]
* [[Alfred Adler]]
=== Estadounidenses ===
* [[Erich Fromm]]
=== Franceses ===
* [[Didier Anzieu]]
* [[Julia Kristeva]]
Liña 63:
* [[Félix Guattari]]
* [[Luce Irigaray]]
=== Suízos ===
* [[Carl Jung]]
* [[Otto Kernberg]]
=== Ingleses ===
* [[Melanie Klein]]
* [[Donald Winnicott]]
 
== Bibliografía ==
* Elliott, Anthony (2005) ''Psychoanalytic Theory. An Introduction''. New York: Palgraver Macmillan.
* Thomson, C.L, Rudolph L.B., & Henderson, D. (2004). ''Counseling children'' (6ª ed.). Belmont, CA: Brooks/Cole Thompson Learning.
* Mc Cormik, Hugo (2004) ''En el principio era el deseo'', Bogotá: El otro, el mismo.
* Berman, J. (2003). "Recensión do libro ''The writing cure: How expressive writing promotes health and well-being''. [versión electrónica]. ''Psychoanalytic psychology'', 20(3), 575-578.
* Firestone, R.W. (2002) "The death of psychoanalysis and depth therapy" [versión electrónica]. ''Psychotherapy: Theory, Research, Practice, and Training'', 39(3), 223-232.
* Tori, C.D. & Blimes, M. (2002). Cross-cultural and Psychoanalytic Psychology: The Validation of defense measure in an Asian population. [versión electrónica]. ''Psychoanalytic psychology'', 19(4), 701-421.
* Corey, G. (2001) ''Theory and practice of counseling and psychotherapy'' (6ª ed.), Belmont, CA: Brooks/Cole Thompson Learning
* Roudinesco, Elisabeth & Plon, Michel (1997) ''Dictionnaire de la psychanalyse'', París: Fayard.
* Hunt, Morton (1994) "Explorer of the Depths: Sigmund Freud", ''The Story of Psychology'', New York: Anchor Books.
Liña 84:
* Freud, Sigmund(1956) ''Naissance de la psychanalyse'', París: PUF. (Cartas a [[Wilhelm Fliess]])
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Psicoloxía]]
* [[Filosofía]]
* [[Psicoloxía Clinica]]
* [[Psicose]]
* [[Neuroloxia]]
* [[Ego, superego e id]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.psychanalyse-paris.com/Psychanalyse Artigo en francés onde aparece por primeira vez a palabra «psychanalyse» o 5 de febreiro de 1896 (Christophe Bormans, http://www.psychanalyse-paris.com)].
* [http://pseudo-medecines.org/articles.php?lng=fr&pg=26 Artigo crítico (Jean Brissonnet - pseudo-medecines.org)]
* [http://pages.globetrotter.net/desgros/index.html Unha explicación clara e breve dos principios da pscanálse (René DesGroseillers)]
* [http://www.grasset.fr/Grasset/CtlPrincipal?controlerCode=CtlCatalogue&requestCode=afficherArticle&codeArticle=9782246075127 Mary Balmary, ''L’homme aux statues'']
* [http://psychanalyse-droit.videjuridique.fr/ Droit et Psychanalyse ''Vide juridique ? Quel vide juridique ? Essai de « qualification juridique des faits » de la psychanalyse'']
* [http://www.psychanalyse-en-mouvement.net/articles.php?lng=fr&pg=377 Paradoxo da anorexia: unha aproximación psicanalítica]
* [http://freud.t0.or.at/ Museo Sigmund Freud de Viena]
* [http://www.apa.org.ar/ Asociación Psicoanalítica Argentina]
* [http://www.educ.ar/educar/superior/biblioteca_digital/disciplinas/resultados.jsp?Disciplina=49 Escritos Psi en formato PDF en educ.ar]
* [http://www.psiconet.com/ PsicoMundo - Internet]
* [http://www.isabelmonzon.com.ar/hajer.htm Nazismo e psicanálise]
* [http://www.elortiba.org/faunapsi.html Dicionario de psicoanálise]
* {{En}} [http://www.psychiatrie-und-ethik.de/infc/1_gesamt_en.html International Network of Freud Critics]
 
[[Categoría: Psicanálise]]
[[Categoría: Psicoloxía]]
 
[[ar:تحليل نفسي]]
[[ast:Sicoanálisis]]
[[bar:Psychoanalyse]]
[[be-x-old:Псыхааналіз]]
[[bg:Психоанализа]]