Sacarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: th:แซกคารีน
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Zaharină; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Sodium_saccharin_molecule.png|thumb|right| [[Estrutura química]] da sacarina sódica.]]
A '''sacarina''' é un dos máis antigos [[edulcorante]]s. Foi descuberta en [[1879]] por [[Ira Remsen]] e [[Constantine Fahlberg]] da [[Universidade Johns Hopkins]]. Quimicamente é unha Imida o-sulgobenzoica. Denominada na industria alimentaria coas siglas [[Sacarina|E954]]
 
== Características ==
A sacarina foi sintetizada en [[1878]], utilizándose como edulcorante desde principios do [[século XX]]. Provén do petróleo e do alcatrán de hulla, unha substancia que se deriva do carbón mineral. É de 300 a 500 veces máis doce que a [[sacarosa]]. A forma máis utilizada é o sal sódico, xa que a forma ácida é pouco [[soluble]] en auga. Ten un resaibo amargo, sobre todo cando se utiliza a concentracións altas, pero este resaibo pode minimizarse mesturándoa con outras substancias. É un edulcorante resistente ó quecemento e ós medios ácidos, polo que é útil en moitos procesos de elaboración de alimentos.
 
== Usos ==
Emprégase como [[edulcorante]] non calórico, e en [[medicina]] cando está contraindicada a inxesta de [[azucre]]. Emprégase na elaboración de iogures, refrescos, produtos para [[Diabetes|diabéticos]], produtos baixos en calorías, e como edulcorante de mesa.
 
== A polémica ==
Dende que comezou o seu uso, a sacarina veuse sometida a ataques por razóns de tipo económico, ó provocar co seu uso a diminución do consumo de azucre, así como polo seu posible efecto sobre a saúde dos consumidores. Nos anos setenta varios grupos de investigadores indicaron que doses altas de sacarina (5% do peso total da dieta) eran capaces de inducir a aparición de [[cancro de vexiga]] nas ratas.
 
A sacarina non é mutáxena. O seu efecto na [[vexiga]] das [[rata]]s prodúcese mediante unha irritación continua deste órgano debido ós cambios na composición global da urina que, entre outros efectos, dan lugar a cambios no [[pH]] e a formación de precipitados minerais. O ataque continuo ten como resposta a proliferación celular para reparar os danos, e nalgúns casos esta proliferación queda fóra de control e da lugar á produción de tumores. É interesante constatar que o efecto de formación de precipitados na urina das ratas se debe en gran parte ou na súa totalidade ó sodio que contén a sacarina, xa que a forma libre ou o sal de calcio non producen este efecto.
 
A sacarina non é pois [[carcinóxena]] por si mesma, senón a través do seu efecto como desencadeante dunha agresión fisicoquímica á vexiga da rata, que induce a proliferación celular. Con concentracións na dieta (as utilizadas realmente polas persoas) nas que non exista absolutamente ningunha posibilidade de que se produza esta agresión á vexiga, o risco non será moi pequeno, senón simplemente nulo.
Estudos epidemiolóxicos levados a cabo en USA, Gran Bretaña, Xapón, Dinamarca, en persoas que consumían sacarina dende facía moitos anos, non encontraron unha incidencia de cancros máis elevada que na poboación normal.
 
== A sacarina noutros países ==
Porén, o uso da sacarina está prohibido nalgúns países como [[Canadá]]. En Estados Unidos planeouse a súa prohibición en 1977, pero as campañas das empresas afectadas e dalgunhas asociacións, entre elas as de diabéticos, motivaron que se ditara una moratoria á prohibición.
 
A situación da sacarina quedou inestable en [[Estados Unidos]], estando sometida a normas de etiquetado estritas con frases do tipo "Este produto contén sacarina, da que se determinou que produce cancro en animais de laboratorio" e "o uso deste produto pode ser perigoso para a súa saúde".
 
[[Categoría:Compostos químicos]]
Liña 44:
[[pl:Sacharyna]]
[[pt:Sacarina]]
[[ro:Zaharină]]
[[ru:Сахарин]]
[[simple:Saccharin]]