Diferenzas entre revisións de «Astiaxes»

m
sen resumo de edición
m (formato 'Véxase tamén')
mSem resumo de edição
'''Astiaxes''', finado no ano (¿-[[-550|550 a.C.]]), foi o último [[monarca|rei]] de [[Media]], fillo de [[Ciaxares]], destronado no [[-550]] polo [[Persia|persa]] [[Ciro II o Grande]].
 
== Contexto histórico ==
 
== Historia ==
== =Contexto histórico ===
A maior información acerca de '''Astiaxes''' (en [[lingua acadia|acadio]] ''Ištum egu'') proporciónaa o historiador [[Grecia|grego]] [[Heródoto de Halicarnaso]], quen viviu no [[século -V]], cen anos despois do reinado de Astiaxes. Porén, é practicamente a nosa única fonte, e é inevitábel seguilo e tratar de verificalo cando for posíbel.
 
O historiador [[Babilonia|babilonio]] [[Beroso]] ([[século -III]]) cóntanos que após a caída de Assur, unha alianza entre medos e babilonios foi alicerzada con outro matrimonio real: o príncipe á coroa babilonia [[Nabucodonosor II]] casou con Amitis, a filla de Astiaxes. Isto é imposíbel, porque suxire que Astiaxes tería ao menos cen anos cando foi destronado.
 
=== Astiaxes, rei ===
 
Non está claro cando foi escollido Astiaxes rei dos medos. Heródoto dinos que reinara durante 35 anos cando foi feito preso por Ciro. Por un texto cuneiforme coñecido pola "''[[Crónica de Nabónido]]''", sabemos que isto aconteceu no ano 6 do reinado do rei babilonio [[Nabónido]], período que se sitúa entre o [[10 de marzo]] do [[-550]] e o [[28 de marzo]] do [[-549]]. Contando para atrás, chegamos ao [[-585]] como o ano da ascensión ao trono por parte de Astiaxes. Isto non é imposíbel, aínda que debemos asumir que o pai de Astiaxes, Ciaxares, seguía vivo no [[-585]], cando, como se explicou anteriormente, concluíu un tratado cos lidios.
 
No entanto, os anos de reinado dos reis medos mencionados por Heródoto son un pouco sospeitosos: os 4 reis reinan exactamente 150 anos, por parellas de 75 anos. É obvio que debemos ser cautos, pero até o de agora, non existe nada que contradiga a Heródoto no sentido que Astiaxes reinou a partir do -585 até o [[-550]], mentres que seu pai o fixo a partir do [[-625]] até o -585 (malia que existe unha inscrición que di que Astiaxes foi destronado no [[-554]]).
 
=== A historia de Ciro ===
 
Segundo Heródoto, Astiaxes tivo un soño acerca do seu neto Ciro, fillo de Mandane e Cambises I. Astiaxes tomou este soño como unha diabólica profecía, así que ordenou ao seu cortesán [[Harpago (xeneral)|Harpago]] asasinar ao xove Ciro. Harpago, temendo manchar o seu nome con este infanticidio, secretamente delegou a encarga a un pastor chamado Mitradates. Mais este, que perdera había pouco o seu propio fillo, decidiu quedar con el como seu. Para iso vestiu ao seu verdadeiro fillo morto coas roupaxes do príncipe e expuxo o corpo ás feras do bosque tal e como se lle ordenara facer co mozo Ciro. O engano funcionou e Ciro criouse co pastor.
 
Pero cando o mozo acadou os dez anos de idade, fíxose xa evidente que non era o fillo dun pastor. O seu comportamento era demasiado nobre, segundo Heródoto. Por unha casualidade Astiaxes puido entrevistarse co neno, e inmediatamente sospeitou o que podía ter pasado ao se decatar que o suposto fillo de pastor se lle asemellaba. Ordenou a Harpago relatar o que acontecera realmente, o cal confesou que non matara o neto do rei malia que se lle ordenara facelo. Ciro recibiu un trato favorábel e mesmo lle foi permitido voltar cos seus verdadeiros pais. Harpago, en troques, recibiu un cruel castigo polo seu comportamento. Astiaxes convidouno a un banquete no que, entre o xantar, estaba agochada a carne do seu propio fillo, facéndollo saber no momento oportuno.
 
=== A vinganza de Harpago ===
 
Segundo Heródoto, Harpago estivo procurando a ocasión para se vingar da atrocidade cometida por Astiaxes. Cando Ciro acadara xa certa idade, Harpago deu feito para convencelo de que os medos estaban a piques de se rebelar contra o seu rei, do que dicían que se convertera nun déspota. Ciro organizou unha alianza de dez tribos persas e rebelouse. En resposta Astiaxes armou aos medos, e cegado pola divina providencia, elixiu a Harpago para ser o comandante do seu exército. Desde logo, Harpago non dubidou en cambiar de aliados en canto puido. Durante a batalla, que foi librada segundo unha fonte máis tardía, [[Estrabón]] de Amasia, en [[Pasargada]], os medos aliñáronse cos persas. O exército unificado marchou á capital [[Ecbatana]] e tomou a Astiaxes, quen foi feito preso por Ciro.
 
 
O historiador grego [[Ctesias]], citado polo erudito [[Bizancio|bizantino]] [[Focio]], chama a Astiaxes ''Astuïgas'', o que é máis semellante á tradución babilonia do seu nome iraniano ''Ištum egu''. A variante Astiaxes significa "saqueador de cidades" en [[lingua grega|grego]].
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.livius.org/as-at/astyages/astyages.htm Astiaxes] en [http://www.livius.org/ Livius.org] {{en}}
 
 
{{Gobernante|
}}
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.livius.org/as-at/astyages/astyages.htm Astiaxes] en [http://www.livius.org/ Livius.org] {{en}}
 
[[Categoría:Reis de Media]]
44.868

edicións