Complexo de Edipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Ojdipovski kompleks
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bar:Edipuskomplex; cambios estética
Liña 5:
 
 
== Descubrimento e descrición do complexo ==
 
[[Freud]] descubriu o complexo no curso dunha autoanálise, cando reflexionaba sobre a historia do heroe grego [[Edipo]], tal e como é narrado na traxedia grega de [[Sófocles]]. Nos seus primeiros escritos Freud fala de « complexo nuclear » ou « complexo materno ». Non é ata [[1910]], no seu texto titulado ''Contribución á psicoloxía da vida amorosa'', que aparece o termo « complexo Edipo ».
Liña 16:
 
;A [[castración]]
:O pai oponse ós desexos do neno e toma, ós seus ollos, a estatura dunha figura autoritaria susceptible de castigalo. O neno imaxínase a castración como unha sanción do pai pola súa rivalidade (fálase entón de « complexo de Edipo positivo »), ou como identificación coa nai nun desexo invertido de seducir o pai (trátase neste caso dun « complexo de Edipo invertido », a través do que se dá conta da ambivalencia e da bisexualidade humana). Tanto nun caso coma no outro, os [[impulsos]] sexuais constitutivos do complexo son [[rexeitamento|rexeitados]]. Neste senso, esta etapa xera moitas veces [[traumatismo|traumatismos]]s e [[neurose|neuroses]]s.
 
;A [[resolución]]
:O rexeitamento dos impulsos sexuais dura ata a adolescencia, idade na que o temor á castración prepara o raparigo para renunciar á satisfacción sexual con un ou outro dos seus pais e lle permite así saír do complexo de Edipo, e buscar outros compañeiros sexuais que non sexan a súa nai e construír a súa propia personalidade tomando emprestado elementos tanto de seu pai como de súa nai. Máis tarde, a busca dunha parella permitiralle tornarse, á imaxe de seu pai, un home que goza conforme á lei, sublimando os seus desexos incestuosos a través de creacións diversas.
 
== Exame crítico do complexo ==
Esteándose en material tirado da súa propia autoanálise e de estudos antropolóxicos sobre o totemismo, Freud desenvolveu o complexo de Edipo como unha explicación da formación do [[ego]], do [[superego]] e do [[id]]. O paradigma tradicional no crecemento psicolóxico dun neno consiste en seleccionar a nai como obxecto do seu desexo sexual. O esperable é a ira do pai e que o neno o sinta como unha especie de castración. O neno internaliza as regras impostas polo pai dando lugar a aparición do superego, que censura o [[incesto]] entre outras prohibicións. O pai convértese na figura coa que o neno se quere identificar en tanto que quere ter o seu falo pero desiste nos seus intentos de posuír a súa nai, transferindo a súa atención libidinal cara a novos obxectos de [[desexo]].
 
Liña 46:
Non só o contido do complexo de Edipo senón a súa validez, en canto que noción científica, presentan serios problemas de aplicación en problemas neurofísicos e están suxeitos a debate.
 
=== As críticas filosóficas ===
 
[[Alfred Adler]] non compartía a idea freudiana do dominio do [[sexo]] sobre o [[ego]] e atacou as ideas de Freud sobre a [[represión]]. Adler coidaba que a teoría da represión da libido debería ser substituída polos conceptos de "tendencias ego-defensivas" -o estado [[neurótico]] derivaría de sentimentos de [[inferioridade]] e sobrecompensación da protesta [[masculinity|masculina]]. Os complexos de Edipo son para el insignificantes.
Liña 54:
Deleuze and Guattari no seu ''[[Anti-Edipo]]'' falan da diseminación do complexo freudiano de Edipo, que eles denominan [[Edipalización]]. A súa visión é que o sistema [[capitalismo|capitalista]] e a psicanálise como ferramenta súa pretenden facerlle crer á xente nun pai que é máis poderoso ca eles e que ten un falo que nunca será acadable para eles. A súa idea é que a estrutura [[Familia (socioloxía)|familiar]] representa a unidade máis pequena desa [[suxeición]] porque agora o poder non procede dunha forza central como era [[Deus]] ou o [[monarca]], senón que está espallado en pequenas unidades de poder que manteñen a xente sometida. Para eles a psicanálise é un intento de producir neuroses ó tempo que o sistema capitalista é inherentemente [[esquizofrenia|esquizofrénico]]. A súa proposta defende estruturas anedípicas, confiando no concepto de [[obxectos parciais]] da psicanalista [[Melanie Klein]] e propoñendo a substitución da psicanálise por [[esquizoanálise]].
 
=== As críticas da cultura popular ===
Moi a miúdo, a [[cultura popular]] retratou a Freud de maneira simplista como un [[pervertido]] proclamando a súa teoría do complexo de Edipo un completo absurdo. En todo caso, de considerarmos a tenacidade con que o concepto alimentou a imaxinación cultural e os refinamentos a que foi sometido por filósofos e psicanalistas do século pasado é evidente que as condicións históricas suxeridas por Foucault fixeron que a idea resultase certamente atractiva e fose sometida a unha certa disciplina científica.
 
== Referencias ==
 
=== Artigos ===
* A crítica de [[Gilles Deleuze]] e [[Félix Guattari]] en ''O [[Anti-Edipo]]''.
* [[Edipo]] (artigo xeral sobre o personaxe mitolóxico).
Liña 66:
* O [[complexo de Electra]] para a muller.
 
=== Bibliografía ===
* [[Sigmund Freud]]
** "Un type particulier de choix d'objet chez l'homme", 1910, in ''La vie sexuelle'', PUF 1969
Liña 79:
 
[[ar:عقدة أوديب]]
[[bar:Edipuskomplex]]
[[bg:Едипов комплекс]]
[[bs:Edipov kompleks]]