Dama do Lago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Lady of the Lake
pequeno arranxo inicial
Liña 1:
[[Ficheiro:La Dame du Lac.jpg|thumb|right|240px|A Dama do Lago rapta a Lanzarote. Gravado d´''Os idilios do rei'', de [[Alfred Tennyson|Lord Tennyson]], 1898.]]
Na [[mitoloxía celta]], A '''Dona do lago''' ou a '''Dama do lago''' era, na [[mitoloxía celta]], a señora que rexía [[Ávalon]], -a illa da antiga sabedoría-. Era neta de [[Diana (mitoloxía)|Diana a cazadora]], filla do rei de [[Northumberland]] ou de Dionás. Segundo as diferentes versións das historias ao seu redor, a Dona do Lago chamábase Niniana, Viviana, Nimue, Ninie ou Viviane.
 
O personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou nai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico do personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' se menciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].