Cosmoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m Bot Modificado: fa:کیهان‌شناسی (فیزیک); cambios estética
Liña 8:
A confusión ocorre porque ambas [[ciencia]]s, nalgúns aspectos, seguen camiños paralelos e moitas veces considerados redundantes, aínda que non o sexan.
 
== Antigüidade ==
 
Na [[antigüidade]] a observación dos astros e a interpretación relixiosa mantiveron unha ligazón practicamente completa. Os pobos primitivos xa utilizaban símbolos representando os corpos celestes nas manifestacións de [[arte rupestre]]. No [[Exipto Antigo|antigo Exipto]] e outras civilizacións considerábase que a [[Terra]] era plana; e os astros, lámpadas fixas nunha bóveda móbil. En moitas [[civilización]]s existían crenzas onde se consideraba que o [[Sol]] nacía cada amencer para morrer ao empardecer, estas acabaron por se tornar a base de moitas relixións antigas. Os [[Grecia|gregos]], sobre todo os seguidores de [[Pitágoras]], consideraban que os corpos celestes tiñan os seus movementos rexidos rigorosamente polas leis naturais, na esfericidade da Terra e na harmonía dos mundos; xa os seguidores de [[Aristóteles]] consideraban a teoría xeocéntrica, onde a Terra era o centro do [[universo]].
 
== Eratóstenes ==
Na cidade exipcia de [[Alexandría]] no [[século -III|século III a. C.]], [[Eratóstenes]], lendo un papiro, observou que había unha descrición indicando que ao sur de [[Siena]], ao mediodía, o [[21 de xuño]], colocadas dúas varetas perfectamente a chumbo, non producían sombra. A luz do Sol no [[solsticio de verán]], penetraba directamente no fondo dun pozo profundo, e as columnas dos templos tampouco producían sombra.
 
==== A descuberta do perímetro da Terra ====
O sabio fixo un experimento na [[biblioteca de Alexandría]], posicionou varas perfectamente verticais observando a súa sombra ao mediodía do día 21 de xuño, descubriu que mentres que en Siena non había sombra, en Alexandría esta era de forma bastante pronunciada, ao redor de sete graos. Deste xeito, Eratóstenes imaxinou que se a Terra fose plana as varas non haberían de proxectar sombra en ningunha das dúas localidades, e se nunha delas había esta proxección e noutra non, é porque a Terra non era plana senón curva. Aínda nun exercicio de pura lóxica matemática, despois de deducir o desfase de sete graos entre Siena e Alexandría, pagoulle a un dos seus axudantes para que medise a distancia en pasos entre as dúas localidades, chegando á conclusión de que esta roldaría os 800 quilómetros. Como o desfase angular é ao redor de 7 graos, e a circunferencia é 360 graos, dividindo 360/7 = aprox 50, que multiplicado por 800 resultou nunha circunferencia de 40.000 quilómetros, bastante próximo á realidade. Isto aconteceu hai 2.200 anos.
 
== Estrabón ==
Por volta do [[século I]] da era cristiá, o xeógrafo alexandrino [[Estrabón]], nun dos seus ensaios escribiu: ''...(sic) Aqueles que retornan dunha tentativa de circunnavegación non relatan impedimentos por terras opostas, pois os mares permanecen sempre abertos; probabelmente o impedimento é a escaseza de alimentos ou auga...'' dinos Eratóstenes que se a extensión do [[Atlántico]] non é un obstáculo, a pasaxe do mar da Iberia á India debe ser feita facilmente... Sendo ben probábel que na zona temperada haxa unha ou dúas terras habitadas... E realmente se esta ou outra parte do mundo é habitada, non o é por homes como os de aquí, e deberemos considerala como outro mundo habitado”...''
 
== Claudio Ptolomeo ==
[[Claudio Ptolomeo]] de Alexandría, 100 anos máis tarde, en torno do século II da era cristiá, formulou no [[Almaxesto]] a súa teoría de que ''“...(sic) a Terra se presentaba inmóbil e rodeada de esferas transparentes de cristal que xiraban á súa volta e á que se subordinaban o Sol e os planetas...”'' Ptolomeo relacionou as estrelas, rexistrou seus brillos, estableceu normas de previsión de [[eclipse]]s, tentou describir o movemento dos planetas contra o fondo practicamente inmóbil das [[constelación|constelacións]]s, considerou que a Terra era o centro do universo e que todos os corpos celestes a rodeaban.
 
Esta teoría foi adoptada por [[Tomé de Aquino]] no século XIII, e esta concepción do cosmos foi seguida ata o século XVI.
 
== Nicolao Copérnico ==
 
[[Ficheiro:Jan Matejko-Astronomer Copernicus-Conversation with God.jpg|thumb|left|Jan Matejko-Astronomer Copernicus-Conversation with God]]
Liña 35:
En 1616, o traballo de Copérnico e os seus libros foron prohibidos pola [[igrexa católica]] mentres non fosen corrixidos polos censores eclesiásticos.
 
== Galileo Galilei ==
 
[[Ficheiro:GallileoTomb.jpg|thumb|right|umba de Galileo, Santa Croce, Firence]]
Liña 44:
En 1633, Galileo foi a xuízo debido á sospeita de crime de herexía. Nun documento forxado, mostrado no seu xulgamento foi condenado por unha proba que non existía.
 
Ficando oito anos en prisión domiciliaria próximo á [[Florencia]], onde veu a morrer. En 1979 o papa [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]], 346 anos despois da condenación, ''"perdoouno"'' do xuízo executado pola ''"Santa Inquisición"''.
==== As tebras do coñecemento ====
 
Na [[Idade Media]] había dous puntos de vista antagónicos a respecto do cosmos, un [[heliocentrismo|heliocéntrico]], outro [[xeocentrismo|xeocéntrico]]. O antagonismo chegou ao seu punto culminante nos séculos XVI e XVII, nun tempo onde astronomía e [[astroloxía]] se fundían, onde as forzas políticas e teolóxicas eran predominantes.
Liña 56:
Críase que as mans invisibles de Deus facían xirar as esferas de cristal que mantiñan os corpos celestes xirando en torno da Terra. A ciencia non quería ou non podía concebir a idea de que os fenómenos da natureza se rexían polas leis da [[física]].
 
== Johannes Kepler ==
 
[[Ficheiro:Johannes Kepler.jpg|thumb|right| Johannes Kepler]]
[[Johannes Kepler]] descobriu que as órbitas dos astros do sistema solar son elípticas. Nun dos seus ensaios escribiu: ''“...(sic) É polo tanto, imposible que a razón non previamente instruída puidese imaxinar calquera cousa senón que a Terra sería un tipo de casa inmensa coa cúpula do ceo no cumio; non tería movemento e , dentro dela, o Sol tan pequeno pasaría dunha rexión a outra, como un paxaro voando polo ar.”...''
 
Kepler baseouse na [[xeometría euclidiana]] para por en práctica as súas teorías. Certa vez escribiu nun dos seus ensaios ''“(sic)...A Xeometría existiu e existe desde antes da Creación. É co-eterna coa mente de Deus...A Xeometría deulle a Deus un modelo para a Creación... A Xeometría é o propio Deus...”''
[[Ficheiro:Kepler-world.jpg|thumb|left|Kepler-world map in: "Tabulae Rudolphinae : quibus astronomicae ...." by Johannes Kepler.]]
 
Liña 70:
Kepler tentou achar unha relación entre os sólidos e as distancias entre as órbitas dos planetas. Pensou que estes sólidos estando inscritos un ao outro mostrarían as distancias destes ao Sol, chamou á isto de [[Mysterium Cosmographicum]].
 
==== A importancia de Tycho Brahe ====
 
Kepler coñeceu a [[Tycho Brahe]], que era o Matemático Imperial do Emperador Romano [[Rodolfo II]]. Traballou co matemático, por algún tempo.
Liña 88:
Comezou o seu estudo utilizando a fórmula da elipse codificada por [[Apolonio de Perga]] da Biblioteca de Alexandría, descobrindo que esta axustábase con perfección ás observacións de Tycho.
 
==== Isaac Newton, Hans Lippershey, Antonie van Leeuweñoek ====
 
Con [[Isaac Newton]], descubridor e formulador da [[lei da gravitación universal]], alén dos traballos dos astrónomos como Tycho Brahe, [[Hans Lippershey]], [[Antonie van Leeuweñoek]], Galileo Galilei, Kepler, máis o conxunto de coñecementos do século XVII, foi creada a base científica para a cosmoloxía que pasou do campo puramente filosófico para o experimental.
 
== A cosmoloxía experimental ==
 
A partir da dinámica clásica, a cosmoloxía científica comezou a tomar corpo e se desenvolver; no inicio vagarosamente, pois había a necesidade da construción da súa base.
Liña 100:
No inicio do século XX con novas técnicas de cálculo, co advento da teoría da relatividade e o desenvolvemento de novos equipos de observación, os investigadores estableceron un conxunto de parámetros e variables, mediante os cais criouse unha metodoloxía destinada a definir a estrutura do universo e as leis que o rexe, esta pasou a ser chamada de [[Astrofísica]].
 
== O Universo en expansión ==
[[Ficheiro:BigBangNoise.jpg|thumb|right|Radiación de Fundo resultante do Big-Bang]]
En 1917 o astrónomo holandés [[Wilhem de Sitter]] desenvolveu un modelo non estático do Universo. A teoría, formulada na década de 1920, segundo a cal o universo está en expansión acabou por constituír a moderna base da cosmoloxía. En 1922, o modelo do universo en expansión foi adoptado polo matemático ruso [[Alexander Friedmann]].
Liña 116:
Os gases comezaron a se comprimir cada vez máis, esta compresión acelerou a atracción gravitacional nunha ''"espiral inflacionaria"'' atraendo cada vez máis materia e comprimindo novamente, facéndoa caer sobre si mesma. Considerase que así se iniciou a formación de galaxias, estrelas e planetas.
 
== O futuro da cosmoloxía ==
[[Ficheiro:Catseye-big.jpg|thumb|right|Nebulosa do Ollo de Gato]]
 
Liña 123:
Co advento do avance das ciencias de computación e a unión de enxeñarías das máis diversas, existen estudos para a construción dun supercomputador interconectado á outros espallados polo planeta onde se poida construír un universo virtual e observar a súa dinámica.
 
Moitas Universidades no mundo están empeñadas no proxecto do Universo virtual que poderá ser o gran paso para a investigación cosmolóxica do século XXI.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.astro.ucla.edu/~wright/cosmolog.htm Ned Wright's Cosmology Tutorial, en inglés, italiano e francés]
* [http://atlas.zevallos.com.br/index-2.html Un atlas do universo moi útil para comprender as súas dimensións e estructura]
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.astro.ucla.edu/~wright/cosmolog.htm Ned Wright's Cosmology Tutorial, en inglés, italiano e francés]
*[http://atlas.zevallos.com.br/index-2.html Un atlas do universo moi útil para comprender as súas dimensións e estructura]
[[Categoría:Astronomía]]
 
Liña 145 ⟶ 146:
[[es:Cosmología]]
[[et:Kosmoloogia]]
[[fa:کیهان‌شناسی (فیزیک)]]
[[fi:Kosmologia]]
[[fr:Cosmologie]]