Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Hórreos
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 582:
 
Os motivos polo que solicitei a fusión do artigo [[hórreo]] co [[hórreo cedeirés]] son varios. Por unha banda a extensión que pode chegar a ter a medio prazo o artigo do hórreo cedeirés non será moito maior da que xa ten. Por outra, o artigo do hórreo tamén está nun estado bastante primario. A conclusión inmediata, ao meu entender, é que deberían formar parte dun todo, e se nun futuro cómpre dividilos xa se fará. A idea é, sobre todo, non marear ao lector con tanto paseo para poder enterarse ben do que é un hórreo. --[[Usuario:Xoacas|Xoacas]]<sup>([[Conversa Usuario:Xoacas|Góstache o pemento?]]) </sup> 17:00, 27 febreiro 2010 (UTC)
*Outra cuestión: faise necesario atopar en [[hórreo]] algunha referencia a algunha fonte que permita establecer esa taxonomía que ti empregas entre tipoloxías de hórreos. Dígoo sobre todo porque se me fai estraña, e tras consultar a bibliografía que eu manexo non a vexo demasiado xustificada. O hórreo dos Ancares, como ti lle chamas, téñoo atopado eu noutras zonas, e o cedeirés haino tamén nas mariñas coruñesas, por exemplo, ou na terra cha. --[[Usuario:Xoacas|Xoacas]]<sup>([[Conversa Usuario:Xoacas|Góstache o pemento?]]) </sup> 17:13, 27 febreiro 2010 (UTC)