Río Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-de arriba abaixo +de arriba a abaixo)
Liña 38:
A fronteira do territorio de [[Virxinia]] non se fixou no medio do río (como é habitual coas fronteiras fluviais), senón ata a outra beira, o que fai que todo o río estivese situado neste territorio. A partir de Virxinia formáronse os estados de [[Kentucky]] e de [[Virxinia Occidental]], e, xa que logo, todo o río perténcelles, incluída a parte que constitúe a fronteira entre estes estados e os estados de [[Illinois]], [[Indiana]] e [[Ohio]]. Kentucky intentou un proceso contra Indiana a principios dos anos 1980, porque quería construír a [[central nuclear]] de Marble Hill en Indiana, que vertería as súas augas de refugallo no río. O [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos]] resolveu que a xurisdición de Kentucky (e, implicitamente, a de Virxinia Occidental) extendíase só ata o sinal de marea baixa de [[1793]] (importante porque o río foi extensivamente represado para a navegación, de modo que a actual beira do río está ao norte do vello sinal de marea baixa).
 
De xeito similar, nos anos 1990, Kentucky disputou o dereito de Illinois de recadar impostos por unha embarcación-casino atracada en Metrópolis, Illinois, argumentando o seu control sobre todo o río. A empresa Aztar abriu a súa propia embarcación-casino que atracou en Evansville, Indiana, aproximadamente ao mesmo tempo. Aínda que os cruceiros no río Ohio circulaban ao principio seguindo un modelo oval de arriba a abaixo ao longo do río, o estado de Kentucky pronto protestou e os cruceiros foron limitados a ir cara a adiante, despois invisten a marcha e van cara atrás, só ao longo da beira de Indiana.
 
==Afluentes==