Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Referencias
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]] dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O [[17 de novembro]] de [[1982]] a [[Xunta de Galicia]] estableceu que existiría unha norma de uso oficial {{Cómpre referencia}} para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao [[reintegracionismo]].
 
Coa publicación da [[Lei de normalización lingüística]] o [[15 de xuño]] de [[1983]], estableceuse que o criterio de autoridade para a [[normativización]] do galego sería a [[Real Academia Galega]] (RAG), relegando o [[Instituto da Lingua Galega]] (ILG) como referencia legal.<ref>Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística ([http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.xral-2.pdf D.O.G. nº 84], do 14 de xullo de 1983)</ref>
 
A '''variedade estándar''' ou '''padrón''', fixada a medias entre o [[ILG]] e a [[RAG]], inicialmente constaba só de indicacións [[morfoloxía|morfolóxicas]] e [[ortografía|ortográficas]], as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] (NOMIG), publicadas en [[1983]] e aplicadas no dicionario da [[RAG]] de [[1997]] (unhas trinta mil palabras) e reformadas en [[2003]], pero coa publicación do [[VOLG|Vocabulario ortográfico da lingua galega]] (VOLG) en [[2004]] definíronse de facto tamén coma normas [[léxico|léxicas]]. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.
 
==A primeira normativa oficial==
O [[3 de xullo]] de [[1982]], a Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) aprobaron en sesión conxunta as ''[[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]'' (NOMIG), seguindo como criterio principal a procura da pureza do idioma, eliminando [[castelanismo]]s innecesarios e evitando a hiperidentificación, rexenerándoo con préstamos internos o que supuxo unha aproximación ao portugués<ref>Antón Santamarina ''Norma e estándar'' en Henrique Monteagudo (ed). ''Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto''. Galaxia, 1995, páxina 78 </ref>. En abril de [[1983]], a Xunta publicou o Decreto de Normativización da Lingua Galega (coñecido como "Decreto Filgueira"), que consagraba estas normas como modelo para a escrita da lingua galega.
 
En [[1990]] a RAG e o ILG publicaron o ''Diccionario da Lingua Galega'', con 12.000 entradas, que constituía así a normativa sobre o [[léxico]] (as ''Normas'' só tratan da [[ortografía]] e a [[morfoloxía]]).