Columna (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Homónimos
Liña 1:
{{homónimos}}
[[Ficheiro:GRX Alhambra 8855 f10.JPG|right|thumb|300px|Columna de influencia islámica en [[España]].]]
 
O termo '''columna''' pode facer referencia a:
Unha '''columna''' é un elemento [[arquitectura|arquitectónico]] destinado a recibir as cargas verticais dunha obra de arquitectura ([[Arco (arquitectura)|arco]], [[arquitrabe]], [[bóveda]]) transmitíndoas aos alicerces. Aínda que teña a mesma función dun [[piar]], este é xeralmente máis robusto e de sección cadrada, (o que podería corresponder xenericamente ao [[fuste]] da columna). A columna adoita caracterizarse por ter unha estrutura máis esvelta e afiada (tradicionalmente de sección [[cilindro|cilíndrica]] podendo tamén ser [[polígono|poligonal]]) e posúe un significado histórico, decorativo e simbólico máis acentuado co piar. Os materiais de construción da columna poden variar, os máis comúns son a [[pedra]], o [[mármore]], a [[madeira]], o [[metal]] ou mesmo o [[ladrillo]].
 
*En [[arquitectura]], unha [[Columna (arquitectura)|columna]] é un elemento estrutural vertical.
==Compoñentes==
*En [[tipografía]], unha [[Columna (tipografía)|columna]] é cada unha das bandas verticais nas que se dispón un texto escrito.
A pesar de que non todas as columnas están formadas polos mesmos compoñentes, pódese facer unha subdivisión xeral en tres compoñentes ou áreas diferentes:
*En linguaxe [[Exército|castrense]], unha [[Columna (militar)|columna]] é un modo de formación de unidades militares que marchan unha tras outra, ordenadamente.
 
[[de:Spalte]]
===[[Base (arquitectura)|Base]]===
[[en:Column (disambiguation)]]
[[Ficheiro:Korinthische Säulenordnung Entasis2.png.png|right|thumb|300px|Esquema dos compoñentes dunha columna]]
[[es:Columna]]
A [[base (arquitectura)|base]] ('''d''' no esquema), do [[latín]] ''base'' (planta do [[pé]]), é o punto de ligazón do [[fuste]] co [[pedestal]] ou o pavimento do edificio. A base xurdiu inicialmente como unha simple placa de pedra que tentaba evitar que a humidade do chan danase as columnas, feitas nun principio de madeira.
[[fr:Colonne]]
 
[[io:Kolono]]
En xeral posúe un tratamento estético de seu (no caso da [[antigüidade clásica]], seguindo os principios da [[orde arquitectónica|orde]] empregada). Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada '''plinto''' ('''k''' no esquema) podendo ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo ('''l''' no esquema) e que ten por obxectivo dar maior plasticidade visual á base.
[[it:Colonna (disambigua)]]
 
[[ja:コロンナ]]
Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada '''krepis''' ou '''[[estereóbata]]''' ('''a''' no esquema) cuxo derradeiro nivel é o '''[[estilóbata]]''' ('''E''' no esquema). Enriba do chanzo xorde un elemento chamado '''scamillus''' ('''j''' no esquema), entre o estilóbata e a base da columna. A columna grega presenta unha lixeira curvatura na base e no [[arquitrabe]] en dirección ao centro, case imperceptible, mais o suficiente para transmitir unha imaxe total de harmonía. O ''scamillus'' defínese entón como un pequeno elemento (en cuña) de axuste ou nivelamento que permite que a base da columna asente nunha [[superficie]] horizontal.
[[nl:Kolom]]
 
[[pl:Kolumna]]
Pódense atopar bases decoradas con elementos [[xeometría|xeométricos]], [[vexetal|vexetais]] ou [[animal|animais]] fantásticos.
[[pt:Coluna (desambiguação)]]
 
===[[Fuste]]===
O [[fuste]] ('''e''' no esquema), do [[latín]] ''fuste'' (pau de madeira), é, dunha certa forma, a propia columna (elemento vertical de apoio), constituíndo a súa parte maior e central ligando á súa vez a base co [[capitel]]. O fuste pode estar composto por un só bloque (monolítico) ou segmentado pola sobreposición de diversos bloques ou pezas (tamén chamados tambores). No caso de que a columna só presente fuste, o extremo inferior deste chámase ''imoscapo'' e o superior ''sumoscapo''.
 
Nalgúns casos pode existir unha lixeira curvatura no fuste (engrosamento) chamada '''[[éntase]]''' ('''D''' no esquema), na que o diámetro medra nun terzo a súa altura para tentar reducir a distorsión óptica, un tipo de desproporción ofrecida polo nivel baixo do punto de vista do observador. Outras deformacións son tamén posibles, como a redución do diámetro nunha das extremidades do fuste (afunillamento).
 
Na antigüidade clásica as acanaladuras (finas estrías ou sucos lonxitudinais) empregáronse como a decoración do fuste por excelencia. Outros estilos presentan un fuste totalmente carente de decoración e revestíndoo outros dunha extrema cantidade de relevos, descricións de escenas, e decoracións vexetais ou xeométricas.
 
*'''Tipoloxías de acordo coas variacións do fuste''':
:Columna '''anelada''' (con aneis que dividen o fuste en varias faixas);
:Columna '''canelada''' (con acanaladuras verticais);
:Columna '''cóclida''' (é a de maiores dimensións, con [[escaleira]] en caracol no seu interior);
:Columna '''corolítica''' (decoración con espiral en forma de grilanda de [[flor]]es e [[folla|follas]];
:Columna '''de tambores''' (composta por bloques sobrepostos);
:Columna '''entrelazada''' (nela entrelázanse 2 ou 3 fustes);
:Columna '''estriada''' (con estrías verticais);
:Columna '''fasciculada''' (composta por un grupo de fustes delgados pegados entre si, é oposta á columna monocilíndrica);
:Columna '''galbada''' (con convexidade, éntase);
:Columna '''monocilíndrica''' ou '''monolítica''' (composta por un único bloque, é oposta á fasciculada);
:Columna '''monofasciculada''' (fuste liso composto por varios elementos agrupados na vertical)
:Columna '''prismática''' (de sección [[polígono|poligonal]]);
:Columna '''rostrada''' (con decoración náutica: arietes no fuste, elementos da proa dunha [[galera]] etc.)
:Columna '''rusticada''' (elementos [[cilindro|cilíndricos]] alternánse con elementos [[paralelepípedo|paralelepipédicos]])
:Columna '''salomónica''' (en espiral, helicoidal ou torsa)
 
===[[Capitel]]===
O [[capitel]] ('''f''' no esquema), do latín ''capitellum'' diminutivo de ''caput'' ([[cabeza]], extremidade), leva a cabo a unión entre o elemento vertical (fuste) e o horizontal ([[arquitrabe]] ou [[arco (arquitectura)|arco]]) de características estáticas diferentes. Así, o capitel non só soluciona problemas técnicos, senón que asume un papel estético sendo normalmente a parte máis traballada da columna, a máis característica dunha data, orde ou estilo.
 
Segundo o momento histórico (principalmente nas ordes clásicas) o capitel pode subdividirse nos seguintes elementos:
:'''Astrágalo''' (do [[Lingua grega|grego]] ''astrágalos''): [[moldura]] de perfil convexo ou en semicírculo. Facilita a instalación do capitel enriba do fuste.
:'''Equino''' (do grego '' echînos'', [[ourizo]]): presente no capitel da [[orde dórica]] é un elemento en forma de almofada sobre o ábaco.
:'''[[Ábaco (arquitectura)|Ábaco]]''' ('''n''' no esquema) (do grego '' abax'', cadro, mesa): placa cadrada e espesa que remata o capitel.
 
==Posicionamento==
[[Ficheiro:RomaColonnaTraianaCima.jpg|right|thumb|200px|[[Columna de Traxano]], columna conmemorativa de fuste espiralado dividido por aneis con relevos]]
A súa situación ou posicionamento relativo ao espazo envolvente pode diferir segundo a necesidade ou obxectivo. Así, a columna pode ser:
*'''Independente''' ou '''exenta''', no caso, por exemplo, das columnas conmemorativas.
*'''Illada''', columna na que os únicos puntos de contacto coa construción son as extremidades.
*'''Xeminada''', agrupadas a dúas, como se pode observar no caso dos [[claustro]]s [[Idade Media|medievais]].
*'''Acaroada''', na que o fuste entra en contacto con outra superficie, como no caso dos piares compostos con varias columnas acaroadas nos cantos.
*'''Embebida''', na que só unha determinada parte da columna é visible, como estando ¨engulida¨ verticalmente noutro elemento.
 
===Outros termos e aplicacións===
* '''Columnelo''' ou '''columneta''': trátase dunha columna xeralmente de diámetro inferior, máis delgada, que pode estar pegada a outros elementos, como unha [[parede]], [[piar]], ou [[xamba]] dun [[portal (arquitectura)|portal]], etc.
* '''Columna conmemorativa ou triunfal''': columna erguida como monumento en memoria dun acontecemento histórico.
* '''Columnata''': trátase dunha serie de columnas en liña recta ou curva.
* ''[[Arcada]]'': Serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] apoiados en columnas (presente, p. ex. nos [[claustro]]s).
 
==Desenvolvemento histórico==
===[[Antigüidade]]===
----
<gallery>
Ficheiro:Louvre pillar DSC00906.jpg|[[Mesopotamia]], columna de capitel bicéfalo, [[Louvre]].
Ficheiro:Orna127-Saeulenkapitaele.png|[[Antigüidade]], ilustración de diferentes tipos de columna antiga. Fig. 2, 3, 4 e 5: columnas exipcias.
Ficheiro:DenderaTempleHypostyleHallHathor.jpg|Columna [[arte exipcia|exipcia]] (sistro ou hatórica) de capitel coa forma da cabeza da deusa [[Hathor]], no [[templo de Dendera]].
Ficheiro:KarnakPillar.jpg|Columna exipcia con capitel en forma de flor de loto aberto no [[Templo de Karnak]].
Ficheiro:Hypostyle karnak colonne.jpg|Pormenor do capitel de flor de loto aberto con decoración cromática.
Ficheiro:Egypt.MedinetHabu.02.jpg|Columna exipcia papiriforme, con capitel de [[flor]] de [[papiro]] pechada, [[Luxor]].
Ficheiro:ColonnesPavillonTrajan.jpg|Columnas exipcias no [[Templo de Philae]].
Ficheiro:DetailColonne.jpg|Capitel exipcio no Templo de Philae.
</gallery>
 
===[[Antigüidade clásica]]===
----
''Vexa artigo principal'': '''[[Orde arquitectónica|Ordes arquitectónicas]]'''
 
O deseño das columnas foi, en varias culturas, unha actividade bastante importante. Entre todas, porén, a [[arquitectura clásica]] (desenvolvida polos [[Grecia|gregos]] e [[Imperio Romano|romanos]]) foi a que máis se adicou ao asunto, dando ao tratamento das columnas un lugar especial na categorización das súas ordes arquitectónicas.
 
* [[Orde arquitectónica|Ordes arquitectónicas]]
 
** [[Orde dórica]].
** [[Orde xónica]].
** [[Orde corintia]].
** [[Orde toscana]].
** [[Orde composta]].
 
'''Columna de fuste humano''': trátase dunha columna onde o fuste é substituído pola representación escultórica dunha figura feminina ([[cariátide]], ''kanephoren'' ou ''koren'') ou masculina ([[atlante (arquitectura)|atlante]], cos brazos levantados para soportar o peso da arquitrabe, ou ''kouroi'', da arte arcaica grega do [[mar Exeo]], cos brazos ao longo do corpo).
 
'''Columna das bestas''': trátase dunha columna independente que xorde na época do [[Imperio romano]], máis especificamente en [[Francia]] e [[Italia]]. Esta columna presenta un fuste totalmente cuberto por [[relevo]]s [[escultura|escultóricos]] representando [[panthera leo|leóns]] e [[animal|animais]] fantásticos no acto da loita.
 
<gallery>
Ficheiro:Palazzo Minosse7.jpg|[[Mar Exeo]], columnas [[arte minoica|minoicas]] en [[Knossos]].
Ficheiro:Classical orders from the Encyclopedie.png|[[Ordes arquitectónicas]].
Ficheiro:Orna128-Saulenkapitaele.png|Ordes arquitectónicas.
Ficheiro:Hephaistos.temple.03.jpg|Orde dórica no Templo de Hephaistos.
Ficheiro:Cincinnati-life-insurance-building-detail.jpg|Revivalismo de capitel xónico, [[EUA]].
Ficheiro:Ac.acropolis2.jpg|Chapitel corintio, [[Atenas]].
Ficheiro:Acropolis of Athens 01359.JPG|[[Cariátide]]s no [[Erecteion]], Atenas.
Ficheiro:Orna149-Karyatiden-Atlanten.png|Cariátides e atlantes.
</gallery>
{{Templo grego}}
 
===[[Idade Media]]===
----
<gallery>
Ficheiro:Orna129-Saeulenkapitaele.png|Diferentes tipos de chapitel medieval.
Ficheiro:Conques JPG04.jpg|Chapitel figurativo [[Arte románica|románico]] na abadía de Ste-Foy.
Ficheiro:ColegiataSantillana-5.jpg|Chapitel figurativo románico, igrexa de Santillana.
Ficheiro:Strzelno column of virtues.jpg|Fuste figurativo románico de final do [[século XII]], [[Polonia]].
Ficheiro:Duraton Iglesia column head1.jpg|Columnas románicas xeminadas de chapitel en cesto nun [[claustro]], España.
Ficheiro:Abaque.eglise.Vezelay.png|Chapitel [[Estilo gótico|gótico]] de [[cogullo]]s, ilust. por [[Viollet-le-Duc]].
Ficheiro:Colonne.XIIIe.siecle.3.png|Columna gótica simple, ilust. por Viollet-le-Duc.
Ficheiro:Colonne.XIIIe.siecle.png|Fuste gótico de agrupamento de colunelos, ilust. por Viollet-le-Duc.
</gallery>
 
==Véxase tamén==
{{Commons|category:Columns}}
* [[Capitel]]
* [[Fuste]]
* [[Entre Columnas]]
 
==Fontes bibliográficas==
*CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, ''Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura'', Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
*JANSON, H. W., ''História da Arte'', Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1992, ISBN 972-31-0498-9
*KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), ''Bildwörterbuch der Architektur'', Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
* MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, ''dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz'', Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8
* MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, ''dtv-Atlas Baukunst; Band 2 - Baugeschichte von der Romanik bis zur Gegenwart'', Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03021-6
 
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]
 
{{Link FA|he}}
 
[[ar:عمود (عنصر إنشائي)]]
[[bg:Колона]]
[[ca:Columna]]
[[cs:Sloup (architektura)]]
[[da:Søjle]]
[[de:Säule]]
[[en:Column]]
[[eo:Kolono]]
[[es:Columna (arquitectura)]]
[[eu:Zutabe]]
[[fa:ستون]]
[[fi:Pylväs]]
[[fr:Colonne (architecture)]]
[[he:עמוד]]
[[hr:Stup]]
[[it:Colonna]]
[[ja:柱]]
[[lt:Kolona]]
[[lv:Kolonna]]
[[nl:Zuil (bouwkunde)]]
[[no:Søyle]]
[[nrm:Colonne]]
[[pl:Kolumna (architektura)]]
[[pt:Coluna]]
[[qu:Tunu]]
[[ru:Колонна (архитектура)]]
[[sh:Stup]]
[[sk:Stĺp]]
[[sr:Ступ (архитектура)]]
[[sv:Kolonn]]
[[tg:Сутун]]
[[tr:Kolon]]
[[uk:Колона]]
[[zh:柱]]