Dereitos do neno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1444809 de 193.238.54.209 (conversa) Teimosía insistente
Liña 27:
* Dereito a non ser obrigados a traballar
* Dereito a ser escoitados
 
 
 
----
'''''DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO'''''
 
----
'''PRINCIPIO 1º:'''
O neno gozará de todos os dereitos enunciados nesta Declaración. Estes dereitos seranlles recoñecidos a todos os nenos sen excepción ningunha nin distinción ou discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.
 
----
'''PRINCIPIO 2º:'''
O neno gozará dunha protección especial e disporá de oportunidades e servizos, dispensado todo isto pola lei e por outros medios, para que poida desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente en forma saudable e normal, así como en condicións de liberdade e dignidade. Ao promulgar leis con este fin, a consideración fundamental á que se atenderá será o interese superior do neno.
 
----
'''PRINCIPIO 3º:'''
O neno ten dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.
 
----
'''PRINCIPIO 4º:'''
O neno debe gozar dos beneficios da seguridade social. Terá dereito a crecer e desenvolverse en boa saúde; con este fin deberán proporcionarse, tanto a el coma á súa nai, coidados especiais, incluso atención prenatal e posnatal. O neno terá dereito a gozar de alimentación, vivenda, recreo e servizos médicos adecuados.
 
----
'''PRINCIPIO 5º:'''
O neno física ou mentalmente impedido ou que sufra algún impedimento social debe recibir o tratamento, a educación e o coidado especiais que require o seu caso particular.
 
----
'''PRINCIPIO 6º:'''
O neno, para o pleno e harmonioso desenvolvemento da súa personalidade, necesita amor e comprensión. Sempre que sexa posible, deberá crecer ao amparo e baixo a responsabilidade dos seus pais e, en todo caso, nun ambiente de afecto e de seguridade moral e material; agás circunstancias excepcionais, o neno de curta idade non deberá ser separado da súa nai. A sociedade e as autoridades públicas terán a obriga de coidar especialmente os nenos sen familia ou que carezan de medios adecuados de subsistencia. Para o mantemento dos fillos de familias numerosas convén conceder subsidios estatais ou doutra índole.
 
----
'''PRINCIPIO 7º:'''
O neno ten dereito a recibir educación, que será gratuíta e obrigatoria polo menos nas etapas elementais. Daráselle unha educación que favoreza a súa cultura xeral e lle permita, en condicións de igualdade de oportunidades, desenvolver as súas aptitudes e o seu xuízo individual, o seu sentido de responsabilidade moral e social, e chegar a ser un membro útil da sociedade.
O interese superior do neno debe ser o principio reitor daqueles que teñen a responsabilidade da súa educación e orientación; esta responsabilidade incumbe, en primeiro termo, aos seus pais. O neno debe gozar plenamente de xogos e recreacións, os cales deben estar orientados cara aos fins perseguidos pola educación; a sociedade e as autoridades públicas esforzaranse por promover o gozo deste dereito.
 
----
'''PRINCIPIO 8º:'''
O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro.
 
----
'''PRINCIPIO 9º:'''
O neno debe ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación. Non será obxecto de ningún tipo de tráfico.
Non deberá permitirse ao neno traballar antes dunha idade mínima adecuada; en ningún caso será dedicado nin se permitirá que se dedique a ocupación ou traballo ningún que poida prexudicar a súa saúde ou a súa educación ou impedir o seu desenvolvemento físico, mental ou moral.
 
----
'''PRINCIPIO 10º:'''
O neno debe ser protexido contra as prácticas que poidan fomentar a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole. Debe ser educado nun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, paz e fraternidade universal, e con plena conciencia de que debe consagrar as súas enerxías e aptitudes ao servizo dos seus semellantes.
 
==Véxase tamén==