Na noite estrelecida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequena mellora de redacción
un extracto do libro na imaxe de Sálvora
Liña 10:
[[Ficheiro:ExcalaburCaledfwlchTranslucent.gif|thumb|left|160 px|''A espada [[Excalibur|Escalibor]]'' é o título da primeira saga]]Por tanto, lonxe de constituír unha pura aproximación arqueoloxizante e/ou preciosista, ''Na noite estrelecida'' aparece configurada como unha obra de clara intención cívica en directa conexión con aquilo que xa procurara levar adiante [[Eduardo Pondal|Pondal]] nos seus versos. En realidade, os cabaleiros da Mesa Redonda aparecen como un verdadeiro precedente desoutros novos das Irmandades da Fala; os uns e os outros na procura do Santo Grial, isto é na procura dun ideal no que o triunfo da fe cristiá aparece unido á vitoria dos "bos e xenerosos", aos ideais de xustiza e liberdade e, desde logo, á redención do país galego.
 
[[Ficheiro:Sálvora-Aguiño11eue.jpg|thumb|175 px|A''Amada illados devellos deuses, mortos e esquecidos xa, que [[Sálvora]] lle chamaron, aoafeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais fondoafáns'']]
Porén, ese aspecto cívico-patriótico non anula, senón que potencia e se ve potenciado, pola enorme preocupación estética. Cabanillas leva adiante nesta obra, xa que logo, un exercicio maxistral da linguaxe. Para tal proceder botou man, fundamentalmente, de elementos de carácter modernista que, unha vez máis, "galeguiza" no seu proceso. Mais as evidentes referencias rubenianas entran en perfecta simbiose con esoutras que aluden aos decorados de [[Wagner]] ou mesmo a [[Tennyson]]. Segundo [[Xosé Ramón Pena|X. R. Pena]], "''Na noite estrelecida'' está situada no ronsel do [[Modernismo]], pero precisamente naquela dirección na que o gusto por un espazo hierático, pola melancolía e o rito (...) se achegan cara á pintura e a literatura prerrafaelistas".