Na noite estrelecida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
movo un chisco a imaxe de Galaaz
texto na imaxe da espada
Liña 7:
A través dunha reasunción dos míticos [[rei Artur|artúricos]], Cabanillas levou adiante na súa obra unha verdadeira exaltación mítico-patriótica de [[Galiza]]. Para tal labor, botou man, canto aos elementos narrativos, das tradicións artúricas que, porén, non puido coñecer aínda desde o legado medieval galego-portugués por seren descoñecidos os textos que as conteñen naquelas datas. Ao mesmo tempo, Cabanillas reactualizou tamén os [[Mitoloxía celta|mitos célticos]] e asemade incorporou elementos xeográfricos, literarios, históricos... procedentes dos espazos escoceses, galeses ou irlandeses. Porén, todo ese conglomerado de elementos artúticos, célticos, atlánticos... aparece nitidamente galeguizado nos versos de ''Na noite estrelecida''. Deste xeito, Galiza aparece como a verdadeira "Terra Prometida", o solar dos [[cabaleiros da Mesa Redonda]] e o territorio onde se han de cumprir, actualizadas, as vellas profecías que auguran para a "raza" celta un porvir glorioso.
 
[[Ficheiro:ExcalaburCaledfwlchTranslucent.gif|thumb|left|160 px|''A espada '''[[Excalibur|Escalibor]]''' é o título da primeira saga]]Por tanto, lonxe de constituír unha pura aproximación arqueoloxizante e/ou preciosista, ''Na noite estrelecida'' aparece configurada como unha obra de clara intención cívica en directa conexión con aquilo que xa procurara levar adiante [[Eduardo Pondal|Pondal]] nos seus versos. En realidade, os cabaleiros da Mesa Redonda aparecen como un verdadeiro precedente desoutros novos das Irmandades da Fala; os uns e os outros na procura do Santo Grial, isto é na procura dun ideal no que o triunfo da fe cristiá aparece unido á vitoria dos "bos e xenerosos", aos ideais de xustiza e liberdade e, desde logo, á redención do país galego.
 
[[Ficheiro:Sálvora-Aguiño11eue.jpg|thumb|175 px|A illa de Sálvora, ao fondo]]