Fresco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hy, io, ka, lt Modificado: da
m Bot Engadido: fa:فرسکو; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:SixtinaFrescoCreacion.jpeg|thumbnail|right|A [[Capela Sistina]], no [[Cidade_do_Vaticano_Cidade do Vaticano -_Civitas_Vaticana Civitas Vaticana|Vaticano.]] Frescos de [[Michelangelo Buonarroti]] (1508-1512)]]
En pintura, '''fresco''' aplícase á pintura realizada sobre un muro con [[revoque]] de [[cal]] húmida e coas cores disoltas en auga de cal.
 
O termo provén do italiano ''buon fresco'' ("moi fresco"), en contraposición a ''in secco'' ("sobre seco"). Para crear un fresco auténtico, ou ''buon fresco'', prepárase o muro cun [[revoque]] de cal húmida ou [[escaiola]] e píntase inmediatamente. Como a intensidade das cores diminúe rapidamente a medida que se absorbe a cal, é preciso aplicar novas capas para obter tons vivos. Ao secar, fórmase unha película de [[carbonato de calcio]] que une indisolubelmente as cores á parede. Isto fai que a obra sexa moi duradoira; se se destrúe a parede non resulta difícil reconstruíla debido ás dimensións dos anacos.
 
A pintura ''in secco'' é a que usa a [[témpera]]. Con frecuencia resulta necesario retocar os frescos desta maneira. Algunhas veces tamén se lle chama ''buon fresco'' á pintura que non foi retocada despois e ''fresco seco'' á que si foi retocada.
 
A pintura ao fresco require unha planificación coidadosa, xa que esta técnica non permite experimentacións ou modificacións sobre a marcha. Ten a dificultade engadida de que se traballa en circunstancias de luz que non son as do estudio, co que as cores non se perciben igual; por outra parte, a iluminación que recibirá a obra será a mesma sempre, ao contrario doutras técnicas en que a obra pintada non se expón coa mesma luz coa que foi creada.
Liña 14:
O deseño trazábase antigamente sobre a parede fresca; na [[Italia]] [[Renacemento|renacentista]] introducíronse os cartóns, desde os que o deseño se transfería á parede mediante punzóns ou, estando o cartón perforado, usando carbón; actualmente úsanse tamén proxectores de diapositivas.
 
A técnica do fresco coñécese desde a primeira metade do II Milenio a.C., durante a [[Idade do Bronce]], en que se usou nos palacios da civilización [[Civilización minoica|minoica]]. Os [[etrusco|etruscos]]s e [[Roma|romanos]] utilizárono tamén, como na [[Vila dos Misterios]], en [[Pompeia]]. Tamén se coñecen frescos na [[India]] a mediados do I Milenio a.C. e na [[China]] da dinastía [[Han]] (século I). O fresco foi moi popular durante a [[Idade Media]] e rexurdiu con forza no [[Renacemento]] [[Italia|italiano]], con artistas como [[Cimabue]], [[Giotto]], [[Fra Angelico]],...
 
[[Categoría:Pintura]]
Liña 30:
[[es:Fresco]]
[[et:Fresko]]
[[fa:فرسکو]]
[[fi:Fresko]]
[[fr:Fresque]]