Gaspar Guzmán Pimentel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Texto traducido desde a wikipedia en castela es: Conde-Duque de Olivares
Texto traducido desde a wikipedia en castela es: Conde-Duque de Olivares
Liña 38:
Olivares protagonizou no período 1627-1635 un último intento de impor as súas reformas pola vía autoritaria. A política unificadora seguía sendo, aos ollos do conde-duque, a única posibilidade de salvación para a monarquía, pois era preciso que os demais reinos contribuísen ás cargas militares que [[Castela]] soa xa non podía soster. Con todo, as resistencias foron aínda maiores e, unidas ás derrotas militares, minaron o prestixio do valido. Tras un primeiro sobresalto co [[Rebelión do Sal|motín do Sal de Biscaia]] (1630-1631), o descontento no interior dos reinos peninsulares estalou por fin en 1640. A ocupación francesa de [[Salses-le-Château]], no [[Cataluña do Norte|Rosellón]], co que a guerra chegaba a Cataluña, foi o pretexto achado por Olivares para impor a Unión de Armas. Con todo, o sistema de recrutamento foi declarado contrario ás constitucións catalás pola Deputación catalá, e os disturbios xurdidos por mor da obrigación de aloxar as tropas terminaron creando un clima de tensión que desembocou no tráxico [[Corpus de Sangue]] (xuño de 1640) e a [[Guerra dels Segadors|secesión catalá]], que non sería sufocada ata 1652. Do mesmo xeito, meses máis tarde, e por razóns similares, produciuse a [[Guerra de Restauración portuguesa|insurrección de Portugal]] en decembro de 1640, que conduciría á súa independencia e o [[Dinastía Filipina|fin da unión dinástica]] co resto de reinos hispánicos. As derrotas castelás en [[Montjuïc]] (xuño de 1641) e [[Lleida]] (outubro de 1642) uniuse a [[Conspiración independentista en Andalucía (1641)|Conspiración independentista en Andalucía]] (no verán de 1641), co que o conde-duque perdeu finalmente todo o seu crédito político e foi desterrado en 1643. Primeiro retirouse ao seu señorío de [[Loeches]], nas inmediacións de Madrid. Ata entón, os detractores do antigo valido seguiron formulando acusacións contra el, ata que conseguiron que o rei o desterrase máis lonxe, á cidade de [[Toro]] en [[1643]], e que fose procesado pola [[Inquisición]] en [[1644]]. Alí morreu en [[1645]] e está sepultado nun convento fundado por el en Loeches.
 
==Valoración==
[[Ficheiro:Conde duque RIP.jpg|left|thumb|Tumba de Gaspar de Guzmán en Loeches]]
 
==Valoración==
A noticia da morte do conde-duque foi recibida cun sentimento de alivio e liberación pola maioría dos seus compatriotas.{{Cómpre referencia}} O autoritarismo do conde-duque non fora ben recibido polos súbditos da monarquía, ata se tal autoritarismo era a consecuencia da convicción de que a supervivencia da monarquía requiría a mobilización para a guerra de todos os recursos humanos e tributarios dispoñibles. A caída de Olivares non supuxo, con todo, ningún cataclismo. [[Filipe IV de España|Filipe IV]] gobernara vinte e dous anos co conde-duque e gobernaría outros tantos sen el. No entanto, a caída de Olivares fixo saír definitivamente á luz dous feitos que ningún soberano da casa de Habsburgo podería cambiar. Por unha banda, a hexemonía entre as potencias europeas da monarquía hispánica estaba a piques de pasar a Francia. Por outro, a coroa vira fracasar os seus esforzos por reformar o ordenamento administrativo, constitucional e económico, na súa lexítima pretensión de encarar favorablemente os cambios que estaba experimentando Europa. Os seus esforzos resultaron aínda máis baldíos por canto a sociedade española, do mesmo xeito que as súas coetáneas europeas, eran instintivamente reticentes a todo canto significase "novidade".
 
Ata o advenimento dunha nova dinastía, ningún ministro se atrevería a impulsar unhas reformas tan radicais como as propugnadas por Olivares. Debido ao seu fracaso, o conde-duque desacreditara moitos dos aspectos da política coa que se lle asociou. Con todo, as súas medidas reformistas, desde os seus plans de repoboación ata os de reforma fiscal, reapareceron dunha forma ou outra durante o gran movemento reformista borbónico do [[século XVIII]].
 
==Filmografía==