Ögödei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: hu:Ögödej mongol nagykán; cambios estética
Liña 3:
De personalidade carismática, intelixente e estable de carácter, foi o fillo predilecto de Genghis Khan. Pragmático e consciente de que carecía da xenialidade do seu pai, soubo concitar a fidelidade de familiares, xenerais e conselleiros capaces de continuar a obra daquel. Foi elixido [[khan]] en 1229, polo [[kuriltai]], que non fixo outra cousa que adherirse á designación feita por Genghis Khan.
 
== Campañas ==
Tras a toma de [[Kaifeng]] e a execución de todos os varóns chin, destruiu o [[Imperio Chin]] en 1234, ameazando o Imperio Song. En 1235 iniciuse unha longa guerra, onde concentraría especialmente o súa presenza máis directa e que foi poñendo nas súas mans a case a totalidade da actual [[China]]. Lanzou tres campañas contra [[Corea]], que atoparon unha feroz resistencia civil. Acabou facendo deste país un estado vasalo.
 
En 1230, enviou a un dos grandes xenerais do seu pai [[Chormaqan]] a completar a conquista de Persia. O fillo do [[sha]] de [[Samarcanda]], [[Jala al Din]], tentaba reconstruír en [[Irán]] o imperio do seu pai (Corasmia). Un exército mongol de preto de 50.000 homes saiu de [[Bukhara]], cruzou o río [[Amu Dayra]] e derrotou a Jala al Din. Seguidamente fíxose con [[Acerbaixán]], boa parte de [[Xeorxia]] e [[Armenia]] e, tras tomar [[Kabul]], puxo a [[Afganistán]] baixo o seu dominio.
 
En 1235, enviou a un exército de 150.000 homes cara occidente. O fillo do seu irmán maior [[Batu Kan]] co mítico xeneral mongol [[Subedei]] avanzou cara o [[Volga]] esmagando a [[búlgaro]]s e [[polovtsi]]. En 1237 cruzaba o gran río e avanzaba polas estepas rusas derrotando ao Gran Duque Vladimir, facendo vasala a cidade de [[Novgodod]] e internándose victorioso en [[Europa]]; [[Ucraína]] (toma de [[Kiev]]) [[Lituania]] e [[Polonia]] (destrución de [[Cracovia]]) caían vencidas ante un exército descoñecido capaz de facer 650 quilómetros nun mes ata o río [[Oder]], xa ás portas do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. O duque [[Henrique o Piadoso]] reuniu un poderoso exército con alemáns, checos e grandes ordes militares ([[templarios]], [[hospitalarios]] e [[teutóns]]) que foi literalmente aniquilado. A cabeza do duque foi paseada ante as murallas de [[Leignitz]] que deu nome á batalla. O rei [[Wenceslao]] de [[Chequia]] retirouse detrás dos [[Cárpatos]].
 
En [[Hungría]], o rei [[Bela IV]], a súa vez, agardaba o ataque organizando o seu exército en [[Pest]]. En tres días, as primeiros destacamentos mongoles atravesaban os Cárpatos tomando dirección cara o [[Danubio]]. Bela IV, un día despois da derrota xermano-polaca de Leignitz, caía na trampa de [[Mohi]] onde morrerían decenas de miles de guerreiros europeos, incluídos catro bispos e tres arcebispos. Ögödei sería coñecedor de que os seus exércitos arrasaban Pest, acadaban o [[Adriático]] entrementes o seu seu fillo Güyuk campaba a través de [[Transilvania]].
 
A facilidade con que caíron os primeiros reinos e principados [[centroeuropa|centroeuropeos]] animouno a ordenar a invasión de [[Europa Occidental]] ata o ''Gran Océano'' (o [[Atlántico]]). Cando os seus exércitos estaban preto dunha inerme [[Viena]], a morte sobreveulle de xeito providencial e salvou occidente de converterse nunha provincia mongola.
 
== Goberno ==
Aconsellado polo sabio [[Ieh-lü Chu-tsai]], moderou o [[xenocidio]] do norte de China, mantendo á masa campesiña con vida co fin de facer dela unha clase produtora a cal cobrarlle impostos. Suplantou a autoridade militar pola civil, dividindo o país en dez distritos. As cidades e os sacerdotes [[taoístas]] tamén foron suxeitos de exancións impositivas. Rescatou da catividade a varios sabios e creou un centro de formación para oficiais chineses e mongoles
 
Liña 40:
[[fr:Ögödei]]
[[he:אוגדיי חאן]]
[[hu:Ögödej kánmongol nagykán]]
[[id:Ogadai Khan]]
[[it:Ögödei]]