Bolxevique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: he:בולשביזם
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Bolsjewisme; cambios estética
Liña 2:
Os '''bolxeviques''' (do [[lingua rusa|ruso]] Большевик, "membro da maioría") eran unha fracción dentro do [[Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia]], dirixida por Vladímir Ilich Uliánov ([[Lenin]]), contraposta ós [[menxevique]]s, dirixidos por [[Julius Martov]].
 
== Polémica en 1903 ==
 
A división tivo lugar no Segundo Congreso do partido, celebrado en [[Bruxelas]] e [[Londres]] en 1903. As teses propostas por Lenin foron:
# A loita pola [[ditadura do proletariado]] como instrumento necesario da revolución para avanzar cara o socialismo.
# A alianza da [[clase]] [[obreiro|obreira]] co [[campesiño|campesiñado]] para derribar a autocracia rusa, levar a cabo os obxectivos democráticos da revolución e enfrontar as vacilacións e traizóns da [[burguesía]].
# A liquidación dos [[latifundio]]s [[terratenente]]s e a entrega da terra ós campesiños.
# O recoñecemento do [[dereito á autodeterminación]] das nacións oprimidas por [[Rusia]].
# A condición de pertencer a unha organización do partido para ser considerado membro del.
# A necesidade de construír un partido cunha organización interna baseada no "[[centralismo democrático]]", con militantes profesionais, que garantisen a homoxeneidade [[ideoloxía|ideolóxica]] e a capacidade de organización, e que debían portar como programa revolucionario que o proletariado conquistase o poder político (ditadura do proletariado), para levar a cabo a revolución.
 
Debido á diversidade dos temas debatidos, as votacións flutuaron a favor ou en contra das propostas de Lenin. Foi aprobado un programa mínimo contra a autocracia e un programa máximo cara ó socialismo cos puntos de vista leninistas, excepto no referinte ó tema de terras, pois esixíase unicamente a devolución das terras arrebatadas polos terratenentes ós campesiñado. Nos temas organizativos foron aprobadas as propostas de [[Julius Martov| Martov]]. Porén, na fase final do congreso, cando se ía elixir a dirección do partido, a correlación de forzas inverteuse de novo debido ó retiro dalgúns delegados, ós que o congreso negou propostas do seu interese. Os alcumes de ''bolxevique'' (a maioría) e ''menxevique'' (a minoría), proveñen do resultado da elección do Comité Central e do Comité de Redacción do periódico ''Iskra'', que nembargante quedaría en mans dos menxeviques pouco despois do congreso.
 
== Distanciamento cos menxeviques ==
 
Trala derrota da [[Revolución Rusa de 1905|Revolución de 1905]], os bolxeviques mantiveron a súa estratexia radical polo establecemento dunha ditadura de obreiros e campesiños. No referinte ó programa agrario esixiron a [[nacionalización]] da terra e a súa entrega ós campesiños. No organizativo demandaron manter as estruturas clandestinas do partido. Todo isto conduciu á escisión dos menxeviques en 1912.
 
== Guerra e revolución ==
 
Tralo estourido da [[Primeira Guerra Mundial]] os bolxeviques aliñáronse co sector "internacionalista" da socialdemocracia europea, opoñéndose á "defensa da patria" (sostida polos chamados "defensistas") e defendían o rexeitamento da guerra imperialista e a conversión nunha guerra civil revolucionaria. Os menxeviques dividíronse entón, ó facerse a maioría dos seus dirixentes defensista, mentres Martov encabezou un grupo internacionalista, que nembargante o seguiu organizativamente separado dos bolxeviques, e politicamente enfrontado por diverxencias similares ás sostidas desde [[1903]].
Liña 26:
O termo utilízase de cotío como sinónimo de [[comunismo|comunista]], aínda que este propiamente non o sexa.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.marxists.org/espanol/trotsky/ceip/permanente/Tresconcepcionesdelarevolucionrusa.htm Tres concepcións da Revolución Rusa; diferenzas principais entre menxevismo, bolxevismo e a teoría da revolución permanente. Texto de [[Trotski]]] (en castelán).
* [http://www.marxists.org/espanol/trotsky/histrev/histrev0.htm Historia da Revolución Rusa. Trotski] (en castelán).
Liña 50:
[[fi:Bolševikit]]
[[fr:Bolchevik]]
[[fy:Bolsjewisme]]
[[he:בולשביזם]]
[[hr:Boljševizam]]