Orde do Císter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m cerilleiro?, non sei a que posto se refire (pero non creo que sexa o que vende mistos)
Liña 9:
No ano [[1427]], en Santa María de Sión, as aforas de [[Toledo]], frei [[Martín de Vargas]] fundou a ''Congregación Cisterciense Reformada'', tamén coñecida como ''Congregación de Castela''. No caso das comunidades cistercienses galegas os efectos deste feito tardaron en chegar, nalgúns casos incluso un século, pero cando o fixeron supúsolles a moitas delas trocos moi importantes na súa organización.
 
== Fundacións ==
A tendencia da orde foi a de ocupar terras inhabitadas en lugares polo común alonxados dos núcleos poboacionais. Ademais, desde o ano [[1191]] pesa a prohibición sobre as comunidades cistercienses de mercar bens inmobles, prohibición que foi anulada no ano [[1216]] e posta de novo en vigor máis tarde.
 
Liña 16:
O mosteiro de nova fundación debería situarse nun lugar illado, lonxe de cidades, castelos ou aldeas, lonxe do tráfico de xente. Incluso prohibíase a construción de vivendas no contorno do mosteiro.
 
== Arquitectura cisterciense ==
As normas que rexeron no Císter constitúen un conxunto de restricións, unha primacia da parquedade fronte ao exceso decorativo propio do contemporáneo [[arquitectura románica|románico pleno]] de orixe francés que en Galicia tiña a [[Catedral de Santiago]] como obrigada referencia e fonte de inspiración.
 
Prohíbese polo tanto calquera tipo de decoración, incluída a escultura e a pintura. Os Capítulos Xerais chegaron mesmo regular os cristais das xenelas dos templos, establecendo que todas debían ser brancas, sen pinturas nin cruces, e que aquelas pintadas habían de ser substituídas no prazo de dous anos, e que no caso contrario o abade, o prior e o cerilleiro terían que xaxuar cada sexto día a pan e auga ata o seu cambio.
{{DEFAULTSORT:Císter}}
 
[[Categoría:Ordes relixiosas]]
 
Liña 62 ⟶ 63:
[[sl:Cistercijani]]
[[sv:Cisterciensorden]]
[[th:ลัทธิซิสเตอร์เชียน]]
[[uk:Цистерціанці]]
[[vec:Ordene Cistercense]]