Lagoa de Cospeito: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "A '''Lagoa de Cospeito''' é un dos humedais máis importantes de Galicia. Situado no concello de Cospeito, na provincia de Lugo, a uns 25 km da capital provincial, [[Lug..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2010 ás 22:19
A Lagoa de Cospeito é un dos humedais máis importantes de Galicia. Situado no concello de Cospeito, na provincia de Lugo, a uns 25 km da capital provincial, Lugo.
Características
Englobada dentro da “Reserva da Biosfera Terras do Miño” é un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do Río Guisande, afluente do Miño. Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73.75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso meramente agrícola.
Flora e fauna
Neste humedal podemos atopar dende avefrías, ánade silbón, ánade real, cercetas, a galiña de auga, grúas dentro do reino das aves; ata rás, tritóns, píntegas, troitas, ourizos, esquíos... Con respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos, abedul... ou especies insólitas coma o Eryngium viviparum.