Bilingüismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m non sei quen é EI, pero en todo caso habería que referenciar esa información
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Lingüística en progreso}}
 
O '''[[bilingüismo''']] é a capacidade dun individuo ou dunha sociedade para desenvolverse en dúas linguas.
 
==Definición==
 
O bilingüismo é o uso alternado de dúas linguas. Mais cumpre distinguir entre a dimensión individual e a dimensión social. Dende o punto de vista individual, o bilingüismo é un feito psicolóxico característico daquelas persoas que teñen a capacidade de entender e de se expresar coa mesma ou semellante facilidade en dúas linguas diferentes.
Se partimos da definición de [[competencia lingüística|competencia]] de [[Noam Chomsky]], teremos problemas para determinar ata que punto ten que o falante ser competente nunha lingua B para ser considerado bilingüe. [[Leonard_Bloomfield|Bloomfield]] definía o bilingüismo como "un dominio de dúas linguas igual ca un nativo, mentres que para [[John Macnamara|Macnamara]] (1969) "unha persoa pode ser cualificada de bilingüe se ademais das habilidades na súa primeira lingua, ten habilidades nunha das catro competencias da segunda lingua" (ler, falar, escribir e entender).
Dende o punto de vista social, falaremos dunha sociedade bilingüe cando non seu seo se empreguen dúas linguas diferentes como medio de comunicación, sendo indispensable que unha parte importante dos individuos que a conforman sexan bilingües.
Se esta condición non se cumpre, estaremos perante un fenómeno, non xa de bilingüismo social, senón de colingüismo.
No bilingüismo, o primario reside no proceso histórico que puxo en contacto as dúas linguas na mesma sociedade, e nos factores sociais, políticos e económicos que determinan a dinámica e o desenvolvemento dese contacto entre os dous sistemas lingüísticos.
O bilingüismo é a repercusión deses feitos históricos nunha sociedade e nuns individuos concretos, e non ao revés.
Case todas as situacións concretas de bilingüismo social coinciden en aspectos básicos. Un deles pode ser a convivencia desigual, mais a pesar desta coincidencia fundamental, a configuración e graduación da coexistencia depende dos factores sociais, políticos e culturais de cada comunidade concreta na que se sitúa o fenómeno.
 
 
==Bilingüismo e estrututa social==
 
Resulta evidente a relación entre o bilingüismo e a estrutura social. O que acontece no Estado Español é un bo exemplo de como a estruturación social de uso lingüístico determina situacións bilingües diferentes, inclusive cando estas teñen por tras un mesmo contexto histórico.
Debido ao proceso de expansión política, o español introduciuse en comunidades que xa tiñan unha lingua propia: nos países cataláns (Cataluña, Valencia e Baleares), na parte de Aquén Perineos do Pais Vasco, e na Galiza. Porén, a evolución social e as súas relacións co bilingüismo desenvólvense de maneira moi diversa.
 
 
==Bilinguismo e factores políticos==
 
Todo bilingüismo supón un conflito social máis ou menos grave que soe converterse en problema político.
Cando se produce unha tensión entre dúas linguas por se converter no vehículo normal de comunicación dentro dunha sociedade, a defensa da lingua propia va acompañada da defensa dos dereitos culturais, económicos e políticos da comunidade agredida. Fronte a isto, o posizonamento contrario ve neste proceso reivindicativo unha ameaza para a estrutura política, un ataque contra a unidade da patria. Claro está que esta tensión variará dependendo de se o sistema organizativo do Estado é de carácter centralista, autonomista ou federalista, e tamén de se o réxime é máis ou menos democrático.
Outros factores políticos que inciden na variabilidade do bilingüismo aparecen cando a lingua propia da comunidade bilingüe é a mesma dunha comunidade veciña politicamente distinta.
 
 
==Bilingüismo e desenvolvemento cultural==
 
Todo bilingüismo supón un conflito social máis ou menos grave que soe converterse en problema político.
Cando se produce unha tensión entre dúas linguas por se converter no vehículo normal de comunicación dentro dunha sociedade, a defensa da lingua propia va acompañada da defensa dos dereitos culturais, económicos e políticos da comunidade agredida. Fronte a isto, o posizonamento contrario ve neste proceso reivindicativo unha ameaza para a estrutura política, un ataque contra a unidade da patria. Claro está que esta tensión variará dependendo de se o sistema organizativo do Estado é de carácter centralista, autonomista ou federalista, e tamén de se o réxime é máis ou menos democrático.
Outros factores políticos que inciden na variabilidade do bilingüismo aparecen cando a lingua propia da comunidade bilingüe é a mesma dunha comunidade veciña politicamente distinta.
 
Para [[Suzanne Romaine]] (1989) un dos problemas no estudo do bilingüismo é que sempre se partiu dunha concepción monolingüe para abordar o estudo das linguas. Por exemplo, Chomsky definía o ámbito de referencia da lingüística como unha teoría que se ocupa "dun falante ou oínte ideal, nunha comunidade lingüística homoxénea, que coñece a súa lingua á perfección".
 
Unha solución intermedia podémola atopar na [[alternancia lingüística]]. Os falantes bilingües alternan habitualmente entre dúas linguas, mentres que os monolingües con algunha competencia na segunda lingua non alternan. A alternancia entre dúas linguas, para Romaine, é parte do proceso de adquisición de competencia en máis dunha lingua. Para [[Harald Weinrich|Weinreich]] (1953): "A práctica de utilizar dúas linguas de forma alternativa denominarase bilingüismo e as persoas implicadas bilingües".
 
No estudo do bilingüismo, preséntanse catro cuestións fundamentais:
# Grao: o nivel de competencia bilingüe.
# Función: os usos que lles dá o bilingüe aos idiomas implicados.
# Alternancia: ata que punto o bilingüe alterna entre idiomas.
# Interferencia: ata que punto o bilingüe consegue separar eses idiomas.
 
==Etimoloxía==