Guerra da Tripla Alianza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:삼국 동맹 전쟁; cambios estética
Liña 1:
A '''guerra do Paraguai''' foi o maior conflito armado internacional ocorrido no continente americano, no período de decembro de [[1864]] a marzo de [[1870]]. É tamén chamada '''[[Guerra]] da [[Guerra da Tripla Alianza|Tripla Alianza]]'''. O [[Brasil]], a [[Arxentina]] e o [[Uruguai]], [[alianza (acordo)|aliados]], derrotaron o [[Paraguai]] despois de cinco anos de loitas, durante os cales o Brasil enviou 180.000 homes á guerra. Destes, máis de 30.000 non voltaron. As perdas humanas sufridas polo Paraguai foron calculadas en 300.000 persoas, entre civís e militares, mortos no transcurso dos combates, das epidemias que se estenderon durante a guerra e da fame. O Paraguai, antes da guerra, atravesaba unha fase de prosperidade económica. A derrota marcou unha reviravolta decisiva na historia do país, desde entón un dos menos desenvolvidos da [[América do Sur]].
 
== Antecedentes da Guerra ==
 
=== O Paraguai antes da guerra ===
Durante anos a historiografía considerou que nos gobernos de [[Gaspar Rodríguez de Francia|Xosé Gaspar Rodríguez de Francia]] ([[1813]]-[[1840]]) e de [[Carlos Antonio López]] ([[1841]]-[[1862]]), o Paraguai tivo un desenvolvemento bastante orixinal en relación ao dos outros países suramericanos. Esta tese afirmaba que a política de Francia e de Carlos López foi sempre a de incentivar un desenvolvemento económico auto-suficiente, grazas ao illamento imposto polos países veciños. Nos últimos anos tal visión ten sido abandonada en virtude de investigacións profundas de autores como Francisco Doratioto e Ricardo Salles.
 
O réxime de [[Francisco Solano López]] caracterizábase por un centralismo total sen calquer espazo para o surximento dunha verdadeira sociedade civil. Non había distinción entre o público e o privado e a familia López gobernaba o país como se dunha grande propiedade se tratase.
 
O goberno controlaba todo o comercio exterior. O [[mate]], o [[fume]] e as [[madeira (material)|madeiramadeiras]]s raras exportados mantiñan a balanza comercial con saldo. O Paraguai nunca fixera un empréstimo no exterior e adoptaba unha política protecionista, isto é, de evitar a entrada de produtos estranxeiros, por medio de impostos elevados. [[Francisco Solano López]], fillo de Carlos Antonio López, substituíu o pai no goberno en [[1862]], e deu proseguimento á política dos seus antecesores.
 
Máis de 200 técnicos estranxeiros, contratados polo goberno, traballaban na instalación do [[telégrafo]] e de camiños de ferro e na asistencia ás industrias siderúrxicas, téxtiles, de [[papel]], tinta, construción naval e [[pólvora]]. A fundición de [[Ibicuí]], instalada en [[1850]], fabricaba canóns, morteiros e balas de todos os calibres. Nos estaleiros de [[Asunción]], construíanse navíos de guerra.
Liña 18:
No plano diplomático, procurou aliarse, no Uruguai, ao partido dos brancos, que se encontraba no poder, adversario dos colorados, que eran aliados do Brasil e da Arxentina.
 
=== A política platina ===
 
Desde que o Brasil e a Arxentina se tornaron independentes, a loita entre os gobernos de [[Bos Aires]] e do [[Río de Xaneiro (cidade)|Río de Xaneiro]] pola hexemonia na bacía do Prata marcou profundamente as relacións políticas e diplomáticas entre os países da rexión. O Brasil chegou a entrar en guerra coa Arxentina dúas veces.
Liña 28:
No Uruguai, o Brasil realizou tres intervencións político-militares. A primeira, en 1851, contra [[Manuel Oribe]], para combater a influencia arxentina. A segunda, en 1855, a pedido do goberno uruguaio, presidido por [[Venancio Flores]], líder dos colorados, tradicionalmente apoiados polo Imperio brasileiro. A terceira intervención, contra [[Atanasio Aguirre]], en 1864, sería o detonante da guerra do Paraguai. Esas intervencións atendían aos intereses ingleses de fragmentación da rexión do Prata, impedindo, así, calquera tentativa de monopolio mineral.
 
=== A intervención contra Aguirre ===
 
En abril de 1864, o Brasil enviou ao Uruguai unha misión liderada polo conselleiro [[Xosé Antonio Saraiva]] para exixir o pagamento dos prexuízos causados a facendeiros [[gaucho]]s por facendeiros uruguaios, en conflitos de fronteira. O presidente uruguaio, Atanasio Aguirre, do partido dos brancos, recusouse a atender as exixencias brasileiras.
Liña 36:
En outubro do mesmo ano, as tropas brasileiras invadiron o Uruguai. Os partidarios do colorado Venancio Flores, que contaba tamén co apoio da Arxentina, uniranse ás tropas brasileiras para depor a Aguirre.
 
== A Guerra ==
 
=== Declaración de Guerra ===
 
No día [[12 de Novembro]] de [[1864]], o vapor paraguaio ''Tacuari'' apresou o navío brasileiro ''Marqués de Olinda'', que subía o [[río Paraguai]] rumbo á entón Provincia de [[Mato Groso]], levando a bordo o coronel [[Frederico Carneiro de Campos]], recén-nomeado presidente daquela provincia. No día [[13 de Decembro]], o Paraguai declarou guerra ao Brasil. Tres meses máis tarde, o [[18 de Marzo]] de [[1865]], declarou guerra á Arxentina. O Uruguai, xa entón gobernado por Venancio Flores, solidarizouse co Brasil e a Arxentina.
 
=== O Tratado da Tripla Alianza ===
[[Ficheiro:Guerra do Paraguai - Voluntários da Pátria.JPG|thumb|right|215px|Soldados do Corpo de Voluntarios da Pátria]]
 
Liña 55:
Segundo o Tratado da Tripla Alianza, o comando supremo das tropas aliadas cabería a [[Bartolomeu Mitre]], presidente da Arxentina. E foi así na primeira fase da guerra.
 
=== A ofensiva paraguaia ===
 
Durante a primeira fase da guerra a iniciativa estivo cos paraguaios. Os exércitos de López definiron as tres frentes de batalla iniciais invadindo [[Mato Grosso]], en decembro de 1864, e, nos primeiros meses de 1865, o [[Río Grande do Sur]] e a provincia arxentina de [[Corrientes]]. Atacando, case ao mesmo tempo, no norte (Mato Grosso) e no sur (Río Grande e Corrientes), os paraguaios estabeleceron dous teatros de operacións. Nunha guerra chámase teatro de operacións á área en que se concentran as forzas militares, as fortificacións e as trincheiras, e en que se traban as principais batallas.
Liña 75:
En ación conxugada coas forzas de Robles, unha tropa de dez mil homens baixo as ordens do tenente-coronel Antonio de la Cruz Estigarriba cruzaba a fronteira arxentina ao sur de [[Encarnación]], en maio de 1865, dirixindose para o Río Grande do Sur. Atravesouno no [[río Uruguai]] na altura da vila de [[san Borxa]] e a tomou en 12 de xuño.
 
=== A primeira reacción brasileira ===
 
A primeira reacción brasileira foi enviar unha expedición para combater os invasores en Mato Grosso. A columna de 2.780 homes comandados polo coronel [[Manuel Pedro Drago]] saíu de [[Uberaba]], en [[Minas Xerais]], en abril de 1865, e só chegou a Coxín en decembro do mesmo ano, despois dunha difícil marcha de máis de dous mil quilómetros a través de catro provincias do Imperio. Mais encontrou Coxín xa abandonada polo inimigo. O mesmo aconteceu en Miranda, onde chegou en setembro de 1866. En xaneiro de 1867, o coronel [[Carlos de Morais Camisión]] asumiu o comando da columna, reducida a 1.680 homes, e decidiu invadir o territorio paraguaio, onde penetrou até Laguna, en abril. Esta expedición ficou famosa pola retirada forzada que emprendeu, perseguida pola cabalaría paraguaia.
Liña 81:
A pesar dos esforzos da columna do coronel Camisión e da resistencia organizada polo presidente da provincia, que conseguiu libertar Corumbá en xuño de 1867, a rexión invadida permaneceu baixo o control dos paraguaios. Só en abril de 1868 aconteceu que os invasores se retiraron, transferindo as tropas para o principal teatro de operacións, no sur do Paraguai.
 
=== A batalla do Riachuelo ===
 
Na bacía do Prata as comunicacións eran feitas polos ríos; case non había estradas. Quen controlase os ríos gañaría a guerra. Todas as fortalezas paraguaias foran construídas nas marxes do baixo curso (parte do río perto da súa foz) do río Paraguai.
Liña 87:
En 11 de xuño de 1865 iniciouse a [[Combate Naval de Riachuelo|Batalla Naval do Riachuelo]], na cal a escuadra comandada polo xefe de división [[Almirante Barroso|Francisco Manuel Barroso da Silva]] derrotou a escuadra paraguaia. Nesta batalla foi destruído o poderío naval paraguaio, tornándose imposíbel a permanencia dos paraguaios en territorio arxentino. Ela practicamente decidiu a guerra en favor da Tripla Alianza, que pasou a controlar, a partir de entón, os ríos da bacía platina até a entrada do Paraguai.
 
=== A retirada das tropas paraguaias ===
Mentres López ordenaba a retirada das forzas que ocuparan [[Corrientes]], o corpo de tropa paraguaio que invadira [[Sao Borxa]] avanzaba, tomando [[Itaqui]] e [[Uruguaiana]]. Unha división que del se separara e marchaba en dirección ao [[Uruguai]], baixo o comando do maior [[Pedro Duarte]] (3.200 homes), foi derrotada por Flores no sangrento [[combate de Xataí]], na marxe dereita do [[río Uruguai]].
 
Liña 94:
Nos meses seguintes foron reconquistados os últimos redutos paraguaios en territorio arxentino: as cidades de Corrientes e de San Cosme. No final do ano de 1865, a ofensiva era da Tripla Alianza. Os seus exércitos xa contaban máis de 50.000 homes e preparábanse para invadir o Paraguai.
 
=== A invasión do Paraguai ===
A invasión do Paraguai foi feita seguindo o curso do río Paraguai, a partir do Paso da Patria, onde Osorio desembarcou á frente dun destacamento brasileiro. De abril de 1866 a xullo de 1868, as operacións militares concentráronse na confluencia dos ríos Paraguai e Paraná, onde estaban os principais puntos fortificados dos paraguaios. Durante máis de dous anos o avance dos invasores foi bloqueado naquela rexión, a pesar das primeiras vitorias da Tripla Alianza.
 
Liña 101:
Por motivos de saúde, en xullo de 1866 Osorio pasou o comando do 1° corpo de exército brasileiro ao [[xeneral Polidoro]] da Fonseca Quintanilha Jordao. Na mesma época, chegaba ao teatro de operacións o 2° corpo de exército, traído do Río Grande do Sur polo barón de Porto Alegre (dez mil homes).
 
Para abrir camiño até Humaitá, a maior fortaleza paraguaia, Mitre determinou o ataque ás baterías de [[Curuzu]] e [[Curupaiti]]. Curuzu foi tomada de sorpresa polo barón de Porto Alegre, mais Curupaiti resistiu o ataque de 20.000 arxentinos e brasileiros, guiados por Mitre e Porto Alegre, con apoio da escuadra do almirante Tamandaré. Este ataque fracasado (cinco mil baixas en poucas horas) creou unha crise de comando e detivo o avance dos aliados.
 
Nesa fase da guerra, destacaron moitos militares brasileiros. Entre eles, os heroes de Tuiuti: o xeneral José Luís [[Mena Barreto]], o brigadeiro [[Antônio de Sampaio]], patrono da arma de infantaría do Exército brasileiro, o tenente-coronel Emilio Luís Mallet, patrono da artillaría e o propio Osorio, patrono da cavalaría, alén do tenente-coronel Joao Carlos de Vilagrá Cabrita, patrono da arma de enxeñaría, morto en Itapiru.
 
=== O comando de Caxias ===
 
[[Ficheiro:Guerra do Paraguai - Oficial e Soldado.JPG|thumb|left|215px|Oficial e soldado brasileiros]]
Liña 122:
[[Asunción]] foi ocupada o 1° de xaneiro de 1869 por forzas comandadas polo coronel [[Hermes da Fonseca|Hermes Ernesto da Fonseca]]. No día 5, Caxias entrou na cidade co restante do exército e 13 días despois deixou o comando.
 
== O fin da Guerra ==
 
=== O comando do Conde d'Eu ===
 
O xenro do emperador [[Don Pedro II]], Luís Filipe Gastón de Orléans, conde d'Eu, foi nomeado para dirixir a fase final das operacións militares no Paraguai, pois buscábase, alén da derrota total do Paraguai, o fortalecemento do Imperio Brasileiro. En agosto de 1869, a Tripla Alianza instalou en Asunción un goberno provisional encabezado polo paraguaio [[Cirillo Antonio Rivarola]].
Liña 132:
Dous destacamentos foron enviados en persecución ao presidente paraguaio, que se internara nas matas do norte do país acompañado de 200 homes. No día 1° de marzo de 1870, as tropas do xeneral Xosé Antonio Correa da Cámara sorprenderon o último acampamento paraguaio en [[Cerro Corá]], onde Solano López foi ferido con lanza e despois morto de bala nas barrancas do arroio Aquidabanigúe. A súas últimas palabras foron: "Morro coa miña patria." Era o fin da guerra do Paraguai.
 
== Consecuencias da Guerra ==
 
Non houbo un tratado de paz en conxunto. O Brasil non aceptaba as pretensións da Arxentina sobre unha grande parte do [[Grande Chaco]], rexión paraguaia rica en quebracho (produto usado na industrialización do coiro). A cuestión dos límites entre o Paraguai e a Arxentina foi arbitrada polo presidente [[Estados Unidos da América|estadounidense]] [[Rutherford Birchard Hayes]]. O Brasil asinou un tratado de paz en separado co Paraguai, o [[9 de xaneiro]] de [[1872]], obtendo a liberdade de navegación no río Paraguai. Foron confirmadas as fronteiras reivindicadas polo Brasil antes da guerra. Estipulouse tamén unha débeda de guerra, que foi perdoada soamente en 1943.
Liña 147:
 
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.brasilescola.com/historiab/guerra-paraguai.htm A Guerra do Paraguai]
* [http://www.suapesquisa.com/historia/guerradoparaguai Historia da Guerra do Paraguai]
 
{{Commons|Category:War of the Triple Alliance}}
 
{{Link FA|pt}}
 
[[Categoría:Guerras|Paraguai]]
Liña 160 ⟶ 158:
[[Categoría:Paraguai]]
[[Categoría:Uruguai]]
 
{{Link FA|uk}}
 
{{Link FA|he}}
{{Link FA|no}}
{{Link FA|pt}}
{{Link FA|uk}}
 
[[bg:Война на тройния съюз]]
Liña 178 ⟶ 176:
[[it:Guerra della triplice alleanza]]
[[ja:三国同盟戦争]]
[[ko:삼국동맹전쟁삼국 동맹 전쟁]]
[[lt:Trigubo Aljanso karas]]
[[nl:Oorlog van de Drievoudige Alliantie]]