Gabriel Feijoo de Araújo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m quito un 'd'
m ligazón
Liña 4:
Pouco ou case nada se sabe da súa vida. O único dato certo co que se conta consiste en que posuía o título de licenciado. [[Fermín Bouza-Brey]], investigando os seus apelidos, chegou á conclusión de que era "''galego da orela dereita do Miño''". Ademais, este investigador estabeleceu que Feijoo de Araújo posuía vínculos familiares, polo seu apelido paterno, co [[Padre Feijoo]].
 
Autor do primeiro [[entremés]] conservado en [[Lingua galega|galego]], coñecido como ''[[Entremés famoso sobre a pesca dono río Miño]]'', [[1671]]?, do que Bouza-Brey fixo a primeira edición impresa en [[1953]]. A obra está composta por 9 escenas nas que se describe ''la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portugueses sobre la pesca del río Miño''.
 
A importancia de Gabriel Feijoo non se debe realmente ó valor literario da súa obra, senón ó feito de que é a primeira obra de teatro en galego (con diálogos en portugués) que se coñece. Consérvase só unha copia do orixinal, na [[Biblioteca Nacional de Madrid]], copia realizada con numerosos erros tanto nos textos galegos como nos portugueses. Tamén cómpre destaca-lo valor que representa para o coñecemento do galego falado na Galicia do [[século XVII]].