Valedora do Pobo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{enuso}} O '''Valedor do Pobo''' é o comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos galegos, de acordo ..."
 
Sen resumo de edición
Liña 8:
O Valedor é elixido polo Parlamento de Galicia por un período de cinco anos. A elección faise por maioría cualificada de tres quintos dos membros da Cámara. Cada ano, o alto comisionado presenta a súa memoria anual diante dos parlamentarios galegos.
 
O requerimento da maioría cualificada e a falta de acordo entre as forzas políticas ten provocado que algúns ocupantes do cargo estiveran máis tempo do que lles correspondía por lei. Foi xa o caso do primeiro, Xosé Cora Rodríguez, quen estivo 20 meses máis do que lle tocaba, e do segundo, que prorrogou o seu mandato un ano.
 
O Valedor ten autonomía respecto aos demais poderes. Pode actuar tanto de oficio como previa queixa de algún cidadán. A súa capacidade de supervisión abrangue dende "a Administración da comunidade autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes" ata a da "Administración local naquelas materias que sexan competencia da comunidade", como se recolle na web da institución. Non ten capacidade coercitiva, nin potestade sancionadora, "senón unicamente de persuasión", aínda que si pode chegar a declarar "non colaboradora" a algunha persoa ou institución. A lei tamén establece que os poderes públicos galegos están obrigados a prestar axuda e colaboración ao alto comisionado en todo aquilo que este demande.
 
Aínda que a Lei do Valedor establece que poderá ocupar o cargo calquera cidadán "que goce da condición política de galego", os seus ocupantes son habitualmente persoas extraídas do mundo [[xustiza|xudicial]]. A norma establece que o Valedor ten que ter un carácter independiente e imparcial, polo que non pode estar afiliado a ningún partido ou manter unha ocupación á marxe da de alto comisionado.
 
O Valedor ten sede propia, inaugurada o [[14 de maio]] de [[1993]] e que está situada a carón da do Parlamento.
 
==Persoeiros que ocuparon o cargo==
 
*'''[[Xosé Cora Rodríguez]]''', [[maio]]<ref>A data refírese á de toma de posesión, que adoita ser uns días despois da elección polo Parlamento</ref> de [[1990]]-2002.
 
*'''[[Xosé Ramón Vázquez Sandes]]''', [[1 de marzo]] de [[2002]]-2007.
 
*'''[[Benigno López González]]''', [[22 de xullo]] de [[2007]]-...