Amnistía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Amnestija; cambios estética
Liña 1:
A '''amnistía''' (do [[Idioma grego|grego]] ''amnestia'', esquecemento) é unha causa de extinción da [[responsabilidade penal]]. É un [[acto xurídico]], normalmente emanado do [[poder lexislativo]], polo que unha pluralidade de individuos que foran declarados culpables dun [[delito]] pasan a considerarse inocentes por desaparición da figura delituosa.
 
== Amnistía e indulto ==
A diferenza do [[indulto]], que extingue a responsabilidade penal actuando sobre a [[pena]] derivada dun delito (a persoa segue sendo culpable, pero se lle perdoou o cumprimento da pena), a amnistía actúa sobre o delito mesmo. Por iso, a amnistía adoita ter efectos [[retroactividad|retroactivos]] e, entre outros, extingue toda responsabilidade penal ou [[responsabilidade civil|civil]] e anula os antecedentes penais. Polo mesmo motivo, é xeral, dado que actúa sobre todos os que cometeron ese delito, e non sobre individuos concretos.
 
A amnistía adoita supor un novo xuízo de valor sobre a conveniencia de prohibir ou sancionar unha conduta. Por esa razón, as leis ou actos de amnistía son máis frecuentes en momentos de cambios sociais ou de réximes políticos e, en ocasións, asóciase ao perdón de [[preso político|presos políticos]]. Con todo, o seu emprego pode ser obxecto de polémica, pois pode provocar a impunidade de quen cometeron graves feitos durante un réxime anterior.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Amnistía Internacional]]
* [[Autoamnistía]]
 
[[Categoría:Dereito penal]]
Liña 41:
[[pt:Anistia]]
[[ru:Амнистия]]
[[sh:Amnestija]]
[[sr:Амнестија]]
[[sv:Amnesti]]