Qatna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo:Qatna
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Qatna''' foi un reino da rama dos semitas cananeos do norte, en torno á cidade deste nome (hoxe [[Homs]]), do que se ten noticias desde polo menos o [[-1800]], cando era rei [[Ishi-Addu]], que foi o pai de [[Amutpiel]], que é mencionado nos arquivos de [[Mari]].

==Historia==
Amutpiel era gobernador de Nazala como príncipe herdeiro e despois foi rei. A irmá de Amutpiel, Belmun, casou con [[Jasmah-Addu]] de Mari da que foi a esposa principal. Probabelmente a nai de Amutpiel foi Lammassi-Ashur, unha princesa de [[Assur]] ou [[Ekallatum]]. Zimri-Lim de Mari casou tamén cunha princesa de Qatna, chamada Dam-hurasim.
 
Destruída Mari por [[Hammurabi]], as fontes desaparecen; probabelmente Qatna caeu debaixo dependencia de [[Alepo]] ([[Iamkhad]]) e, sobre o [[-1500]] someteuse a [[Mitanni]]. É posíbel que [[Amenhotep I]] (sobre [[-1515]] – [[-1494]]) e [[Tuthmosis I]] (sobre [[-1494]] – [[-1482]]) estivesen na cidade nas súas expedicións a Siria. [[Tuthmosis III]] menciónaa nunha inscrición, e di que estivo alí no seu 33º ano de reinado. [[Amenhotep II]] (sobre [[-1427]] – [[-1401]]) foi atacado por soldados de Qatna con axuda hurrita ao cruzar o [[Orontes]], pero saíu vitorioso. Qatna estivo na zona de fronteira con [[Mitanni]], pero baixo influencia exipcia, e aínda é mencionada sobre o [[-1180]].
Liña 6 ⟶ 9:
 
==Reis==
 
*I[[shi-Addu]], sobre [[-1800]].
*[[Amutpiel|Amutpiel ben Ishi-Addu]], sobre o [[-1800]].