Dorna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
==Características formais==
A '''dorna''' é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó [[tingladillo]] coas táboas da [[obra viva]] xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de [[escarva]] ou [[calime]]"). As [[caderna|cadernas]] sobresaen da cuberta, formando [[toletes]] ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con [[espello]]), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de [[liña|liñas]]. Leva un timón de grande tamaño, que actúa que se prolonga por debaixo da [[quilla]] actuando como [[orza]], gobernado mediante unha [[cana]] de madeira dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da [[estampa]] de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor [[foraborda]].
 
==Variantes==