44.774
edicións
mSem resumo de edição |
mSem resumo de edição |
||
'''Katsuhiro Ōtomo''',
==Traxectoria==
Ten gran consideración tanto en occidente como en oriente. Foi un dos primeiros autores de bd xaponesa en publicar en occidente. ''Domu'' (editada en España como 'Pesadillas' por Norma Editorial) e ''AKIRA'' son obras que abriron o mundo da bd en europa ás producións e sensibilidade xaponesas. As carecterísticas principais da maioría seu traballo son a búsqueda dun realismo e temáticas adultas tanto no visual como no argumental. Foi un dos autores clave na bd xaponesa dos oitenta, ao axudar a criar un estilo realista propiamente xaponés e a abrir o mercado xaponés ás innovacións e experimentacións visuais da bd francesa e tamén á inversa, levando a occidente o estilo narrativo e visual oriental.
==Domu 童夢 (''Pesadelos'')==
Despois de diferentes relatos curtos e algunha serie inacabada (''Fierball''), debuxou Domu, unha historia de ciencia ficción na que xoga co sobrenatural e os soños infantís. Tivo un grande éxito e gañou o ''SF Grand Prix'', un premio literario. Isto levantou críticas, xa que nunca este premio fora otorgado a unha bd anteriormente. Nesta obra xa se ve máis claramente o estilo que mostrará na súa obra máis coñecida: AKIRA.
==AKIRA==
Considerado por moitos a súa obra mestra, naceu como bd en 1981, na revista ''Young Magazine''. É unha historia de ciencia ficción futurista de tipo [[ciberpunk]]. Conta a historia de Kaneda e o seu amigo Tetsuo que adquire extraños poderes despois duns experimentos militares. A historia, chea de acción e narrada dunha forma maxistral e innovadora foi un éxito internacional e levou a banda deseñada xaponesa á atención dos países occidentais, nos que daquela se tiña unha idea vaga sobre a banda deseñada xaponesa. Os fondos feitos cun detalle poucas veces visto na bd daba unha ambientación profunda e fascinante que os autores europeus e americanos admiraron.
Gracias ao éxito da obra fíxose unha adaptación cinematográfica de animación da obra, dirixida polo propio Katsuhiro Otomo. Cun presuposto espectacular para unha produción non xaponesa e unha estética completamente nova conseguiu un éxito internacional importante e está considerada filme de culto dentro da animación.
==Obra==
|