Septimio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Septimius Severus
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Septimio Severo''' foi un [[Lista de emperadores romanos|Emperador romano]] nado en [[Leptis Magna]] (África) no [[146]]. De orixe [[púnico|púnica]], foi o primeiro emperador de orixe africana e fundador da [[dinastía dos Severos]] que gobernaría [[Roma Antiga|Roma]] e o seu Imperio preto de 47 anos.
 
==Traxectoria==
Fora nomeado [[cónsul]] e era gobernador de [[Panonia]] e [[Iliria]], cando foi asasinado [[Pertinax]]. A entronización de [[Didio Xuliano]] creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. En [[Britania]], foi nomeado emperador [[Clodio Albino]] e nas provincias orientais foi [[Pescenio Níxer]] o proclamado. Foi en ''Carnutum'' onde '''Lucius Septimius Severus''' Pertinax foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da flota ancorada en [[Ravenna]] e, despois de rexeitar compartir o imperio con '''Didio Xuliano''', chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.
 
Liña 18 ⟶ 19:
 
Despois da desvalorización do denario de prata, o Emperador, e para salvar as finanzas, concentrou nas súas mans a meirande parte dos ingresos. Todos os bens procedentes das confiscacións ingresábanse na caixa imperial, coñecida como ''ratio privata'', os procedentes do ''ager publicus'' ían ao ''patrimonium''. Para o desenvolvemento do comercio creou novos mercados (Pysos en Tracia) e ampliou os xa existentes. Prestou o maior interese en todo o que gardaba relación co exército. Permitiu que aos soldados se lles concedese a ''annus aureus'' con que a orde ecuestre quedou moi ampliada cos privilexios que iso comportaba. A paga dos soldados elevouse de 300 a 500 denarios anuais, a cobrar en metálico e non en especie como era o vello costume. Concedeu especiais prerrogativas aos centurións, creando unha caixa de auxilio e permitindo que os seus fillos accedesen ao Senado.
 
[[Ficheiro:Aureus_Septimius_Severus-193-leg_XIIII_GMV.jpg|thumb|225px|right|[[Aureus]] cuñado en [[193]] na honra da [[XIIII Gemina Martia Victrix]], a lexión que o proclamou emperador.]]
Equiparou as restantes provincias cos mesmos dereitos de Italia, creando algunha nova como [[Mesopotamia]], a cidades que lle foran fieis durante a súa loita polo poder concedeulles a cidadanía romana. Levou ao Exipto a división municipal e sobre todo, o Senado perdeu a súa importancia política e a súa lexislación criminal referente aos seus propios membros. A lexislación, con mais de 400 leis publicadas tendeu a ser máis humanitaria e tendeu a mellorar as clases máis febles.