Literatura copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Literatura copta
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''literatura copta''' é unha das literaturas [[cristianismo|cristiá]]s de [[Oriente]], escrita en [[lingua copta|copto]], lingua que é a fase máis recente do antigo [[lingua exipcia|exipcio]].
 
==Características==
A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que na altura só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].