Comida rápida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be:Фаст-фуд; cambios estética
Liña 2:
A '''comida rápida''' (calco lingüístico do [[Lingua inglesa|inglés]] '''''fast food''''') é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.
 
== Produtos ==
Considéranse comida rápida os seguintes:
* [[Bocadillo]]s
* [[Tapas]]
* [[Hamburguesa]]s
* [[Pizza]]s
* [[Patacas fritidas]]
* [[Pastel|Pasteis]]
 
== Definición ==
A ''comida rápida'', en contra do que se pensa comunmente, non é un invento recente [[Estados Unidos|estadounidense]], senón que existe dende fai moitos anos, adaptada ás costumes das diferentes zonas xeográficas. Este produto contén determinadas características polas que resulta tan atractivo, entre as que se atopan a [[rápido|rapidez]], a [[diversidade]], a [[comodidade]] e o seu baixo [[custo]]. Ademais, normalmente este tipo de comida é agradable ó [[padal]] e posúe unha capacidade de saciedade inmediata debido en parte a súa gran cantidade de [[caloría|calorías]]s. Estes [[alimentos]] pódense atopar en establecementos, pero é moi común poder mercalos nas rúas, sendo comercializados por [[vendedores ambulantes]], coñecidos tamén como ''street food''. Esta práctica remonta á [[antigüidade]] e ten presenza en practicamente todas as rexións do mundo moderno malia que pode ser considerada unha forma de Fast food. Ó sector da sociedade que máis consume este tipo de comida é o da [[mocidade]] e a localización na que máis se comercializa é as grandes [[cidade|cidades]]s.
 
== Achega de calorías ==
{{Sen referencias}}
Para podernos facer unha idea da cantidade de calorías que poden aportar estes alimentos debemos saber que a cantidade a inxerir diaria debe estimarse entre as 1500 e as 2500 (dependendo do [[sexo]], [[idade]] e [[complexión física]] da persoa). Neste sentido, considérase que un [[home]] [[adulto]] de vida [[sedentarismo|sedentaria]] precisa dunhas 2100 quilocalorías, mentres que se a súa actividade física é [[exercicio físico|elevada]] andaría as 3000-3500 quilocalorías. O consumo enerxético das [[mulleres]] é menor (agás cando están [[embarazo|embarazadas]] e atópase ó redor das 1800-2200 quilocalorías, variando en función do esforzo físico a realizar. Polo xeral, esta cantidade é a que ronda unha soa comida da denominada ''comida rápida''. Exemplificarémolo de seguido aportando os datos da comida comercializada nos [[Estados Unidos]]:
 
* [[Burger King]]
''Double Whopper con queixo''. 960 quilocalorías.
 
Liña 25:
''Whopper normal sen queixo''. 640 quilocalorías.
 
* [[McDonald´s]]
''Big Mac''. 590 quilocalorías.
 
Liña 32:
''Hamburguesa normal''. 280 quilocalorías.
 
* [[Wendy's]]
''[[Pataca]] (papa) grellado con touciño e queixo''. 580 quilocalorías.
 
Liña 39:
''Ensalada "Mandarin Chicken Salad", sen aderezo''. 150 quilocalorías.
 
* [[Pizza Hut]]
''Unha porción da Supéreme Stuffed Crust (posúe a base retacada) con queixo e salsa extra''. 440 quilocalorías.
 
''Dúas porcións da pizza anterior con bolos pequenos de pan, salsa e refrixerio grande''. 1430 quilocalorías.
 
''Unha porción de pizza con base fina, con [[peperoni]], [[pemento|pementos]]s, [[oliva|olivas]]s, [[fungo|fungos]]s e [[jalapeños]]''. 200 quilocalorías.
 
''Dúas porcións da pizza anterior con refrixerio light''. 400 quilocalorías.
 
* [[KFC|Kentucky Fried Chicken]]
''Unha peza de polo de receita orixinal''. 360 quilocalorías.
 
Liña 58:
 
 
Para poder seguir a comparar, amósase de seguido as calorías que conteñen algúns alimentos en 100 [[gramo|gramos]]s. Débese recordar que a abreviatura [[caloría|Cal]] refírese a quilocalorías:
 
''[[Aceite de oliva]]''. 899 quilocalorías.
Liña 64:
''[[Auga]]''. 0 quilocalorías.
 
''[[Abelá|Abelás]]s sen pelar, tostadas con sal''. 662 quilocalorías.
 
''Refrixerio con gas e cafeína''. 41 quilocalorías.
Liña 72:
''Costela grellada de [[porco]]''. 263 quilocalorías.
 
== Detractores ==
Este produto acumula numerosos detractores debido a que, sumado á falta de [[exercicio]], propicia numerosas [[enfermidades cardiovasculares]], [[sobrepeso]] e [[obesidade]].
 
O principal movemento organizado de contraposición é o chamado [[Slow food]], que tivo a súa orixe en [[Italia]], no ano de [[1989]] e que actualmente posúe máis de 70.000 socios procedentes de todo o planeta. O seu distintivo é o dun [[caracol]]. ''Slow Food'' cuestiona a comida industrial e rápida e reforza o [[pracer]] da mesa, o comer [[paseniño]], comendo pratos tradicionais, saboreando alimentos autóctonos e fomentando a variedade de ingredientes que garanticen unha alimentación equilibrada.
 
== Bibliografía ==
Schlosser, E. (2002, 2ª edición) ''Fast food: el lado oscuro de la comida rápida''. Barcelona: Ed. Grijalbo. {{Es}}
 
Stevens, N. (2002, 2ª edición) ''Tabla de calorías''. Málaga: Ed. Sirio Argentina. {{Es}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Caloría]]
* [[Obesidade]]
* [[Slow food]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Fast food}}
* [http://www.pulevasalud.com/ps/subcategoria.jsp?ID_CATEGORIA=102903&RUTA=1-2-47-1056-102903 Puleva Saúde] {{Es}}
* [http://www.lindisima.com/adelgazar/comida-rapida.htm Comida rápida] {{Es}}
 
[[Categoría:Gastronomía]]
Liña 97:
[[ar:وجبات سريعة]]
[[az:Fəstfud]]
[[be:Фаст-фуд]]
[[be-x-old:Фаст-фуд]]
[[bg:Бързо хранене]]