Diferenzas entre revisións de «Ramon Llull»

m
sen resumo de edición
m (bot Modificado: he:רמון ליול; cambios estética)
m
'''Ramon Llull''' (en [[latín]] ''Raimundus'' ou ''Raymundus Lullus''), nado en [[Palma de Mallorca]] en [[1235]] e finado en [[1315]], foi un escritor, teólogo e filósofo [[Mallorca|mallorquín]]. Considérase o primeiro grande escritor en [[catalán]], ademais tamén escribiu en [[Lingua árabe|árabe]] e latín.
 
==Traxectoria==
Nado en [[Mallorca]], pouco despois da súa conquista, no seo dunha familia nobre, aos 31 anos deixa a súa familia e posición para se dedicar ao estudo e á predicación, obsesionándose coa conversión dos [[musulmán]]s e [[xudeu]]s ao [[cristianismo]], aínda que sempre polo convencemento, nunca pola violencia. Con esta finalidade, Llull, vai aprender o árabe e viaxar por [[Oriente]]. Escribe máis de 400 obras e vai ser o primeiro en escribir libros filosóficos e teolóxicos nunha lingua vulgar, o catalán.
 
43.794

edicións