Atol Tikehau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35:
'''Tikehau''' é un [[atol]] das [[Tuamotu]], na [[Polinesia Francesa]]. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de [[Rangiroa]]. Está situado ao noroeste do [[arquipélago]], a 300 km ao nordés de [[Tahití]] e a 10 km ao oeste de Rangiroa.
 
Tikehau é un atol case circular de 26 km de diámetro e dunha anchura de entre 300 e 1.000 m, cun único paso para barcos pequenos. A superficie total é de 20 km²;. É considerado o atol con máis peixes das Tuamotu. Abundan [[raia]]s, [[barracuda]]s, [[atún|atunes]] e [[quenlla gris|quenllas grises]]. Tamén ten numerosas colonias de aves nos illotes illados da lagoa. A economía baséase na recolección de [[copra]], na pesca que achegan no mercado de Tahití, e no turismo. A vila principal é Tuherahera e a poboación total era de 409 habitantes no censo de 1996. É remarcable que entre esta poboación reducida coexistan catro relixións: a maioritaria sanito, rama disidente dos [[mormonismo|mormones]], e ademais [[protestantismo|protestantes]], [[catolicismo|católicos]] e [[Igrexa Adventista do Sétimo Día|adventista]]s.
 
O nome Tikehau significa «aterraxe para a paz». Foi descuberto polo ruso [[Otto von Kotzebue]] en [[1816]], que o chamou, en honra ao primeiro explorador ruso do Pacífico: ''[[Adam Johann von Krusenstern|Krusenstern]]''.