Casa Ipatiev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Suprimo espazos innecesarios.
m Desfixéronse as edicións de Nonso91 (conversa); cambiado á última versión feita por Luckas-bot
Liña 1:
[[Ficheiro:Ipatjew-Haus1.jpg|400px|thumb|A Casa Ipatiev nunha postal publicada no [[1920]]. Pódense apreciar os restos da estancia da familia real así como o valado que arrodeaba a casa.]]'''Casa Ipatiev''' (en [[ruso]]: Дом Ипатьева) foi a casa dun comerciante de [[Ekaterinburgo]]. Foi o lugar onde o antigo [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia]], a súa familia e os axudantes foron executados a causa da [[Revolución Bolxevique]]. O nome desta é idéntico ó do ''[[Mosteiro Ipatiev]]'' en Kostroma, onde os [[Romanov]] accederon ó trono de [[Rusia]].
 
==Historia==
Na década de [[1880]], Iván Redikortsev, un oficial relacionado coa industria mineira, construíu unha casa de dous andares nas ladeiras dunha prominente colina. En [[1898]], a mansión pasou a mans de Sharaviev, un traficante de ouro de escasa reputación. Dez anos despois, a casa foi adquirida por Nikolai Nikolaievich Ipatiev, un enxeñeiro militar que converteu o andar máis baixo na súa oficina. Parece ser que a Casa Ipatiev foi a base do Soviet Ural ata finais de abril de [[1918]], e axiña recibiría o nome d' ''A Casa do Propósito Especial''.
 
===A familia real===
A familia [[Romanov]] chegou á casa o [[30 de abril]] de [[1918]], e pasou 78 días no interior. O emperador [[Nicolao II de Rusia]], a emperatriz [[Alexandra Fiodorovna Romanova|Alexandra Fiodorovna]], as súas catro fillas e o ''[[tsarévich]]'' [[Alexei Nikolaevich Romanov|Alexei]], o doutor da corte, Eugene Botkin, a dama, Anna Demidova, o cociñeiro, Ivan Kharitonov, e o axudante de cámara, Alexei Trupp, foron fusilados por un pelotón da policía secreta [[bolxevique]] ó cargo do xefe da Cheka [[Iakov Iurovski]], a noite entre o [[16 de xullo|16]] e o [[17 de xullo]] de [[1918]]. O axudante de cociña, Leonid Sednev, foi chamado fóra da casa horas antes e salvado así da execución.
 
O pelotón de fusilamento estaba composto por catro bolxeviques rusos e sete soldados. Estes soldados, eran prisioneiros de guerra [[húngaro]]s que non falaban ruso. Os soldados húngaros foron elixidos ante o temor de que os soldados rusos non disparasen contra o tsar e a súa familia, en especial contra os fillos.
 
===Demolición===
[[Ficheiro:Yekaterinburg cathedral on the blood 2007.jpg|200px|thumb|A Igrexa do Sangue en [[Ekaterinburgo]], construída no lugar que ocupou a Casa Ipatiev.]]
En [[1923]], fotografías da casa valada foron diseminadas pola prensa soviética so o nome d' ''O derradeiro palacio do derradeiro tsar''. En [[1927]], a casa foi designada para acoller o museo da Revolución nos [[Urais]]. Converteuse nunha escola de agricultura após ter sido en [[1938]] o Museo Anti-Relixioso. Durante este período era habitual a visita de varios grupos de visitantes á parede danada do soto a causa do asasinato da familia imperial. En [[1946]] foi adquirida polo Partido Comunista local. En [[1974]], foi nomeada o Monumento Histórico-Revolucionario. Pero, para vergonza do goberno, comezou a ser un lugar de peregrinación en memoria da familia imperial.
 
En [[1978]], coa chegada do 60 aniversario da execución, o [[Politburo]], decidiu actuar, declarando que a casa non tiña suficiente relevancia histórica e ordenou a súa demolición. O pedimento foi enviado ao xefe do partido na rexión [[Boris Ieltsin]], que ordenou a demolición en xullo de [[1977]]. Nas memorias de Iesltin, publicadas no [[1990]] afirma que ''tarde ou cedo sentiriámonos avergoñados desta peza de barbarismo''. Mais, a pesar da demolición, a xente continuou chegando ó lugar, a miúdo en segredo e pola noite, deixando símbolos de recordo. Coa caída da [[Unión Soviética]] a Igrexa do Sangue foi erixida no lugar. Agora é un centro de peregrinación.
 
==Na literatura==
A casa Ipatiev aparece tamén na literatura en libros coma:
* [[A casa do propósito especial]] de John Boyne. Ano 2009.
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.romanov-memorial.com/ Na memoria dos Romanov]
*[http://gatchina3000.ru/literatura/sokolov_n_a/murder_imperial_family37.htm Ipatiev House / Investigación sobre o asasinato dos Romanov. En ruso]]
[[Categoría:Historia da Unión Soviética]][[Categoría:Historia de Rusia]]
 
[[cs:Dům Ipaťjeva]]
[[de:Ipatjew-Haus]]