Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Suprimo espazos innecesarios.
m Desfixéronse as edicións de Nonso91 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoán Carlos Fraga
Liña 1:
'''Goto Muñiz''' ou '''Gotona Muñoz''', nada contra o ano [[900]], foi unha raíña consorte de [[reino de Galiza|Galicia]], filla de [[Munio Guterrez]], señor de [[Amaía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e de [[Elvira Arias]], filla de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]].
 
==Traxectoria==
Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co [[reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV]], sería coroado en [[León, España|León]].
Liña 10 ⟶ 11:
 
Nota: Non debe confundirse a raíña Goto Muñiz (século X) coa condesa Goto Núñez González Salvadores (s. XI), pois a segunda foi a esposa de Gonzalo Núñez de Lara, conde de Amaya (Castela).
 
[[Categoría:Reis de Galicia]]