Furco, Arcos, Cuntis: Diferenzas entre revisións

lugar da parroquia de Arcos, no concello de Cuntis
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Furco, Arcos, Cuntis
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2010 ás 23:05

O lugar de Furco pertence á parroquia de Arcos, concello de Cuntis. Segundo o IGE, tiña unha poboación de 68 habitantes en 2008, 25 homes e 43 mulleres, en descenso respento a anos anteriores (78 habitantes en 2004).

Destaca a igrexa parroquial de San Breixo de Arcos de Furcos. No adro da igrexa atópanse tres relevos procedentes dun baldaquino e que hoxe están incrustadas no muro perimetral, rodeando un altar que aínda conserva restos de pinturas de representación vexetal. As tres pezas representan o nacemento de Xesús, a adoración dos Reis e o desencravo trala crucifixión. Á esquerda e un pouco separada, unha cuarta peza mostra unha inscrición en latín.