Totonicapán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2010 ás 07:21

"N 91º21'38"O_E_ 0°N 0°L / 14_54_39_N_91_21_38_W, 14º54'39"N 91º21'38"O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta Totonicapán é a cabeceira do departamento de Totonicapán, en Guatemala. É tamén un municipio de 96.392 habitantes (2002).[1]

O municipio sitúase na parte sueste do departamento e ten unha extensión territorial de 328 km2. Linda polo norte cos municipios de Santa María Chiquimula e Momostenango, ao sur cos municipios de Cantel e Salcajá (departamento de Quetzaltenango), e os de Santa Catarina Ixtahuacán, Nahualá e Sololá (departamento de Sololá).

A maioría da poboación (98%) pertence á etnia maia quiché.

Situado na cordilleira da Serra Madre, o municipio de Totonicapán ten unha topografía montañosa e quebrada. O seu clima é relativamente frío cunha temperatura media de 12 ºC.

No ámbito económico, a maioría da poboación emprégase na produción agrícola de millo e frixoles, esencialmente para o autoconsumo, así como a produción artesanal de mobles de madeira, tecidos de la, cerámica, etc.[2]

O nome Totonicapán deriva das verbas en náhuatl "totl" e "nicapan", que quere dicir "cerro dos páxaros"?. O seu nome en idioma k'iche' é "Chwi meq'ina'", cuxo significado é "sobre a auga quente".[2]

Notas

  1. Instituto Nacional de Estadística (INE) (2002). "XI Censo Nacional de Poblacion e VI de Habitación (Censo 2002)". Consultado o 2010. 
  2. 2,0 2,1 SEGEPLAN. "Totonicapán - Estrategia para la reducción de la pobreza municipal" (PDF) (en español). Consultado o 14-II-10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas