Método D'Hondt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sv:D’Hondts metod; cambios estética
Liña 3:
Entre outros países, úsase en [[Arxentina]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Bulgaria]], [[Chile]], [[Colombia]], [[Croacia]], [[Ecuador]], [[Eslovenia]], [[España]], [[Finlandia]], [[Guatemala]], [[Irlanda]], [[Israel]], [[Xapón]], [[Países Baixos]], [[Paraguai]], [[Polonia]], [[Portugal]], [[República Checa]], [[Suíza]], [[Turquía]], [[República Dominicana]] e [[Venezuela]].
 
== Reparto ==
Logo de escrutar todos os votos, calcúlanse unha serie de [[divisor]]es para cada lista. A fórmula para os divisores é ''V/N'', onde ''V'' é o número total de votos recibidos pola lista, e ''N'' son números enteiros que van desde 1 ata 0 número de escanos da circunscrición obxecto de escrutinio. Unha vez realizadas as divisións dos votos de cada candidatura entre cada un dos divisores desde 1 ata n, a asignación de escanos faise ordenando os cocientes das divisións de maior a menor e asignando a cada un un escano ata que estos se esgoten.
 
A orde na que se reparten os escanos ós individuos de cada lista é irrelevante: pode ser unha decisión interna do partido (nun sistema de [[lista pechada|listas pechadas]]) ou pode que os votantes teñan algunha influencia (nun sistema de [[lista aberta|listas abertas]]).
 
Ás veces inclúese ademais un limiar de porcentaxe de votos por debaixo do cal o partido queda excluído.
 
É un sistema que tende a beneficiar os partidos maioritarios, sendo o resultado normalmente inxusto desde un punto de vista puramente lóxico. No exemplo que presentamos de seguido, o partido A saca unha cantidade meirande en votos que o B, así e todo, os dous teñen os mesmos representantes. O partido B ten menos do dobre de votos que o partido C, e no entanto obtén tripla representación.
 
== Exemplo ==
Supoñemos unhas eleccións ás que se presentan cinco partidos, entre os que deben repartirse sete escanos.
 
Liña 32:
|}
 
Antes de empezar a asignación de escanos é necesario debuxar unha táboa de 7 filas (número de escanos) por 5 columnas (número de partidos). Na primeira fila escribimos os votos totais recibidos por cada partido (divisor 1). É preferible ordenar os partidos por número de votos, así simplificaranse as seguintes fases do algoritmo.
 
'''Primeira iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido A, 340.000 votos.
# O partido A gaña un escano e escríbese debaixo o seguinte cociente: <math>340.000/2=170.000</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
'''Segunda iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido B, 280.000 votos.
# O partido B gaña un escano e escríbese debaixo o cociente: <math>280.000 / 2 = 140.000</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
.'''Terceira iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido A, 170.000 votos.
# O partido A gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente: <math>340.000 / 3 = 113.333</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
'''Cuarta iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido C, 160.000 votos.
# O partido C gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente: <math>160.000 / 2 = 80.000</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
'''Quinta iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido B, 140.000 votos.
# O partido B gaña un escano e escríbese debaixo o cociente: <math>280.000 / 3 = 93.333</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
'''Sexta iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido A, 113.333 votos.
# O partido A gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente: <math>340.000 / 4 = 85.000</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
'''Séptima iteración'''
# O cociente máis alto pertence ó partido B, 93.333 votos.
# O partido B gaña un escano e escríbese debaixo o cociente: <math>340.000 / 4 = 70.000</math>.
# Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
 
{| {{Táboabonita}}
Liña 157:
 
Na seguinte táboa amósase o mesmo procedemento, pero no lugar de calcular os cocientes conforme se van asignando os escanos, calcúlanse todos en primeiro lugar.
* Cada fila corresponde a un dos partidos.
* Cada columna correspóndese cun divisor.
* Entre corchetes ([]) indícase a orde de asignación.
* As celas verdes son aquelas ás que se asignou un escano.
 
{| {{Táboabonita}}
Liña 199:
|}
 
== Ligazóns externas ==
* Simulación do método d'Hondt nas [http://www.elecciones.mir.es/web2004mir/leydont.htm Elecciones Generales 2004 de España].
* Ficheiro excel para o cálculo de escanos creado por [http://www.opipublic.es/download/leydhondt.zip Opipublic-Datasampling]
Liña 228:
[[pt:Método D'Hondt]]
[[sr:Д'Онтов систем]]
[[sv:D'HondtsD’Hondts metod]]
[[tr:D'Hondt sistemi]]
[[zh:漢狄法]]