Club Sportif Bourgoin-Jallieu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de rugby | nome = CS Bourgoin-Jallieu | imaxe = | nomecompleto = Club Sportif Bourgoin-Jallieu | alcume = | fundacion = 1906 | localizacion = Bourgoin-Jallieu, [[Fr..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2010 ás 01:18

O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby da población francesa de Bourgoin-Jallieu. Campión da European Challenge Cup en 1997, participa actualmente no Top 14.

CS Bourgoin-Jallieu
NomeClub Sportif Bourgoin-Jallieu
Fundación1906
SedeBourgoin-Jallieu, Francia
Estadio(s)Stade Pierre Rajon
Capacidade9.441 espectadores
PresidentePierre Martinet
AdestradorChristophe Urios
CapitánJulien Frier
Liga(s)Top 14
2008-0911º
Casa
Fóra
Na rede
www.csbj-rugby.fr
Facebook: CsbjRugby Instagram: csbj_rugby_officiel LinkedIn: csbjrugby Editar o valor em Wikidata

Historia

O club foi fundado en 1906 co nome de Club Sportif Bergusien; bergusiens é o antropónimo de Bourgoin. Durante o período de entreguerras, o club xogará na segunda división do rugby francés (nomeada Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ vai manterse sistemáticamente na segunda división. En 1956 troca o seu nome polo nome actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.

En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, coseguindo competir por primeira vez na primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estará descendendo e ascendendo de categoría: descende en 1968, ascende en 1971, descende novamente en 1972, ascende novamente en 1973 e un novo descenso chega en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volve descender.

Grazas ás boas xeracións de xoves deportistas, o CSBJ conseguíu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chega á final en 1997, que perderá fronte ao Tolosa. Aquel ano será o mellor momento do club, xa que se alzará como campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, gañando ao Castres. Ese mesmo ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir perdéndoa contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.

Palmarés

 
O CSBJ contra o Munster na Heineken Cup

Resultados das finais

Top 14

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
31 de maio de 1997 Stade Toulousain CS Bourgoin 12-6 Parc des Princes, Paris 44.000

European Challenge Cup

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
26 de xaneiro de 1997 CS Bourgoin-Jallieu Castres Olympique 18-9 Stade de la Méditerranée, Béziers 10.000
27 de febreiro de 1999 AS Montferrand CS Bourgoin-Jallieu 35-16 Stade de Gerland, Lyon 31.986
22 de maio de 2009 Northampton Saints CS Bourgoin-Jallieu 15-3 The Stoop, Twickenham 9.260

Challenge Yves du Manoir

Ano Campión Resultado Finalista
1997 Section Paloise 13-11 CS Bourgoin-Jallieu
1999 Stade Français Paris 27-19 CS Bourgoin-Jallieu
2003 (Marzo) Stade Rochelais 22-20 CS Bourgoin-Jallieu
2003 (Novembro) Castres Olympique 27-26 CS Bourgoin-Jallieu

Ligazóns