Northampton Saints: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de rugby | nome = Northampton Saints | imaxe = | nomecompleto = Northampton Saints RFC | alcume = ''The Saints'' ou ''The Jimmies'' | fundacion = 1880 | localizacion = [..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2010 ás 23:07

Os Northampton Saints son un club de rugby da cidade de Northampton, Inglaterra. As cores do equipo son o verde, negro e dourado. Compite na Guinness Premiership, a máxima categoría do rugby inglés, e xoga os seus partidos como local no Franklin's Gardens cunha capacidade para 13.600 espectadores.

Northampton Saints
NomeNorthampton Saints RFC
Alcume(s)The Saints ou The Jimmies
Fundación1880
SedeNorthampton, Inglaterra
Estadio(s)Franklin's Gardens
Northampton, Inglaterra Inglaterra
Capacidade13.600 espectadores
PresidenteInglaterra Keith Barwell
AdestradorInglaterra Jim Mallinder
CapitánInglaterra Dylan Hartley
Liga(s)Guinness Premiership
2008-09
Casa
Fóra
Na rede
http://www.northamptonsaints.co.uk www.northamptonsaints.co.uk
Facebook: OfficialNorthamptonSaints Twitter: SaintsRugby Instagram: officialnorthamptonsaints Editar o valor em Wikidata

Na tempada 2007-08, o equipo xogou na segunda categoría do rugby inglés, a National Division One, mais voltou á Guinness Premiership na tempada 2008-09.

O Northampton Saints foi fundado en 1880. O club gañou o seu primeri e único grande trofeo, a Heineken Cup tras gañar na final ao Munster na tempada 1999-00.

Historia

Os inicios

O club foi fundado en 1880 baixo o nome Northampton St. James (Saints) por Rev Samuel Wathen Wigg, un clérigo local e cura de St. James que residía na localidade veciña de Milton Malsor[1]. É de ahí de onde os seus dous alcumes The Saints ou Jimmies. O seu obxectivo principal era a promoción "ordenada" dos seus parroquianos máis novos, creando un club de rugby, coa filosofía de que un "deporte violento os transformaría en cabaleiros".

En moi pouco tempo, dende a súa fundación, Northampton tivo un dos maiores equipos (en número de xogadores) de rugby de Inglaterra. Vinte anos despois da súa fundación, o granxeiro local Harry Weston foi premiado cunha internacionalidade con Inglaterra, sendo o primeiro xogador dos Saints en conseguir tal honra.

A través dos primeiros anos do século XX, o club progresou grazas ao dominio que realizaba o xogador Edgar Mobbs. Edgar era un heroe para a vila, xa que foi o primeiro xogador de Northampton que capitaneou á selección inglesa, ainda que é máis recordado polas súas accións heroicas durante a Primeira Guerra Mundial. Tras ser inicialmente rexeitado no recrutamento por ser demasiado vello, Edgar ergueu o seu propio Batallón de Deportitas, tamén coñecido como Mobbs Own (Propiedade de Mobbs). Morreu tristemente en batalla, liderando ao seu batallón á fronte tras patear unha pelota de rugby dentro da zona libre de homes o 29 de xullo de 1917, polo ataque dunha ametralladora, o seu corpo nunca foi atopado. Debido a este feito o club organizou o Mobbs Memorial Match como tributo ao que foi o seu xogador, que se xoga cada ano dende 1921 entre os Barbarians e os East Midlands en Franklin's Gardens.

Durante a posguerra (trala Segunda Guerra Mundial) os Saints continuaron crecendo, e comezaron a producir alguns dos mellores xogadores de Inglaterra, algúns dos cales chegaron a capitanear á súa selección. Convertíndose así nun dos equipos punteiros ingleses durante os seguintes 60 anos. Da súa canteira saíron xogadores como Butterfield, Jeeps, Longland, White e Jacobs mais os tempos difíciles estaban ao caer.

Poucos anos despois da súa época dourada, o club non soubo manter o paso cos movementos que se viviron dentro d xogo e aos mellores xogadores non lles atraeu a idea de recalar no club dos Franklin's Gardens, onde se instaurara unha mentalidade "them and us" ("para elos y nós") entre os xogadores e aqueles que estaban ao cargo do club. Algúns antigos xogadores formaron o seu propio grupo de tareas que barreron á vella garda na "Saints Revolution" (Revolución dos Saints) de 1988 e puxeron en acción un plan no que querían devolver ao club ao máis alto das competicións inglesas.

Barry Corless, como director deportivo, reestructurou o club os Saints axiña volveron subir, axudados pola lenda dos All Blacks Wayne 'Buck' Shelford.

En 1990, Northampton Rugby Union Football Club ascendeu á daquela denominada Primeira División (First Division) e ao ano seguinte fixo a súa primeira viaxe a Twickenham para xogar a final da Copa Anglo-Galesa fronte aos Quins. Perderon no tempo extra mais mostrou o rexurdir do equipo, como se vería unhas poucas tempadas despois.

Tim Rodber e Ian Hunter forzaron a súa chegada ao equipo técnico de Inglaterra mentres que os novos como Matt Dawson e Nick Beal chegaron á selección.

En 1994, Ian McGeechan convertiuse no Director de Rugby, e ainda que o club descendeu na súa primeira tempada como adestrador, volveron ascender na seguinte tempada, gañando cada partido da súa campaña con vantaxes de 50 puntos por partido. A esta tempada moitos seareiros a coñecen como a "Demolition Tour of Division Two" (Xira Demoledora por Segunda División).

A era profesional

 
Bruce Reihana

En 1995, o rugby converteuse nun deporte profesional e o club foi adquirido por Keith Barwell.

En 1999, os Saints foron segundos da Allied Dunbar Premiership, o punto culminante da súa campaña foi un derby local crucial contra os que se convertirían en gañadores, os Leicester Tigers, que perderon por 15-22 [1]. Sen embargo, ao ano seguinte convertíronse no segundo equipo inglés en gañar a Heineken Cup (emulando o éxito na tempada 1998-99 de Bath), vencendo a Munster por 9-8 na final [2]. Ian McGeechan, que tivo que deixar o club ao final da anterior tempada para volver adestrar a Escocia, e foi remprazado polo anterior xogador dos Saints John Steele, quen o fixera ben cun presuposto axustado nos London Scottish. Steele baseouse nos fundamentos introducidos por McGeechan, así como na inspiración do samoano Pat Lam para liderar ao grupo no éxito europeo.

No 2000, o club transfórmase nunha Compañía Publica Limitada (Public Limited Company, Plc) e emite accións que poden ser adquiridas pola xente; nesta tempada os Saints perden a final da Tetley's Bitter Cup fronte aos Wasps, mais venceron, na final da Heineken a Munster, gañando así o seu primeiro gran trofeo.

Tras un mal comezo durante la tempada 2001-02, o antigo seleccionador dos All-Black Wayne Smith foi fichado como adestrador principal. Smith conseguíu transformar o club en cinco meses de tal xeito que ainda que en Novembro parecía que descendería, conseguíu acadar a final da Powergen Cup e calificar ao equipo para a seguinte tempada da Heineken Cup.

Nos tempos máis recentes o club sobrevivíu ao descenso da Guinness Premiership por pouco. Logo de que o adestrador da tempada 2004-05 (Alan Solomons) fora despedido a metade da tempada, a función de adestrar pasou a mans dos antigos compañeiros do primeiro equipo Budge Pontney e Paul Grayson para axudar ao equipo. Tiveron un inicio titubeante na tempada 2005-06, mais continuaron imbatidos logo do Aninivo. Budge retirouse ao principio da tempada 2006-07, deixando toda a responsabilidade a Grayson.

Na tempada 2006-07, os Saints volveron competir na Heineken Cup quedando segundos do seu grupo, xusto por detrás de Biarritz Olympique, os finalistas da anterior tempada. Northampton clasificouse entón para os cuartos de final e se encontraron con Biarritz en España e, ainda que estaban na última praza da liga inglesa, venceron aos campións franceses por 7-6 e chegaron ata semifinais.

O 28 de abril de 2007, a pesares da vitoria por 27-22 sobre os London Irish en Franklin's Gardens, Northampton descendeu á National Division One. Unha "reestructuración en bambalinas" permitiulles o ascenso con Peter Sloane como adestrador principal, dende o seu papel de adestrador de dianteiros, e Paul Grayson foi "degradado" a adestrador dos backs (tres cuartos e medios). Sen embargo, os cambios sucedéronse e o 9 de xuño de 2007, anunciouse que o seleccionador dos England Saxons Jim Mallinder convertiríase no nuevo adestrador principal e Director de Rugby xunto co seu adestrador auxiliar Dorian West; porén, Peter Sloane deixou o club.

Tras unha tempada en National Division One, o club asegurose o ascenso á Guinness Premiership o 22 de marzo de 2008, ao vencer aos Exeter Chiefs. Unhas semanas máis tarde, o 12 de abril de 2008, Northampton venceu outra vez aos Exeter Chiefs por 24-13 en Twickenham e gaña o EDF Energy Trophy. Esta tempada ademáis acaba o 26 de abril de 2008 cun récord de imbatibilidade tras gañar os 30 partidos xogados en National Division One.

Na tempada 2008-09 da Guinness, os Saints finalizaron na oitava posición da clasificación. Así mesmo conseguiron o título da European Challenge Cup ao gañar ao equipo francés de Bourgoin por 15–3 na final do 22 de maio de 2009 en The Stoop, en Londres.[2] Esta vitoria deulles unha praza na Copa de Europa de rugby 2009-2001.

Palmarés

Referencias

  1. "Rev Samuel Wathem Wigg at Milton Malsor Historical Society". Consultado o 2008-11-14. 
  2. "Northampton lift European Challenge Cup". The Times. 2009-05-23. Consultado o 2009-05-26. 

Ligazóns