Diferenzas entre revisións de «Indalecio Prieto»

m
sen resumo de edición
m
profesión= Político e xornalista|
}}
'''Indalecio Prieto Tuero''', nado en ([[Oviedo]], o [[30 de abril]] de [[1883]] -e finado na [[Cidade de México]], o [[11 de febreiro]] de [[1962]]), foi un [[política|político]] [[socialismo|socialista]] [[España|español]].
 
== Orixes ==
 
==Traxectoria==
=== Orixes ===
Aínda que nado en Oviedo, seu pai Andrés Prieto Alonso era funcionario do concello e súa nai Constancia Tuero era a súa segunda muller e antiga criada da familia, tras a morte de seu pai en [[1888]], arruinada e sen a axuda da familia de seu home Constancia foi vivir a [[Bilbao]] cos seus fillos, ao non poder costear a educación dos seus fillos, Indalecio e os seus irmáns estudaron nun centro relixioso protestante. Autodidacta, viuse obrigado a traballar desde moi novo nos máis diversos oficios para gañarse a vida. Iniciou a súa vida laboral como taquígrafo no xornal ''La Voz de Vizcaya''. Con catorce anos comezou a asistir ó Centro Obreiro de Bilbao, onde se relacionou cos socialistas, e ingresou en [[1899]] na ''Agrupación Socialista de Bilbao'', integrada no [[PSOE]]. Xa convertido en xornalista, empeza a traballar como redactor do xornal ''El Liberal'', do que co tempo chegaría a ser director e propietario, sendo o periódico portavoz das súas opinións políticas.
 
=== Entrada na política ===
 
Como xornalista, na primeira década do século XX, Prieto convértese en figura destacada do socialismo no [[País Vasco]]. Neste traballo aprendeu os recursos da oratoria que tan importantes foron na súa carreira política posterior. Foi fervente partidario da colaboración electoral cos republicanos, a través da que conseguiu os seus primeiros cargos públicos —deputado provincial por [[Biscaia]] en [[1911]]— para o que tivo que enfrontarse co núcleo socialista contrario, liderado por [[Facundo Perezagua]], ó que expulsou do partido en [[1914]]. Foi elixido concelleiro no Concello de Bilbao en [[1917]].
 
Moi crítico coa actuación do goberno e do exército na [[Guerra de Marrocos]], tivo frases moi duras nas Cortes con motivo do chamado [[Desastre de Annual]] de [[1921]], así como sobre a máis que probable, aínda que non probada, responsabilidade do rei [[Alfonso XIII]] na imprudente actuación militar do xeneral [[Fernández Silvestre]] nas operacións da zona da comandancia de [[Melilla]].
 
=== Dirixente do PSOE ===
 
A súa fama como parlamentario aumentou en paralelo á súa influencia no partido, entrando na Executiva do PSOE. Contrario á incorporación do partido á [[Terceira Internacional]], permaneceu no PSOE trala escisión do Partido Comunista en [[1921]] e [[1922]].
 
Ó final da ditadura tomou partido pola República como saída á crise do país, chegando a comparecer, a título persoal, ante a oposición de [[Julián Besteiro]], na formación do chamado [[Pacto de San Sebastián]] en agosto de [[1930]], formado por unha ampla coalición de partidos republicanos que se propuña acabar coa Monarquía. Porén, nesta cuestión si que contou co apoio da liderada por Largo Caballero, xa que este cría que a caída da Monarquía era o único camiño polo que, neses momentos, o socialismo podería acadar o poder.
 
=== A Segunda República ===
 
Proclamada a [[Segunda República]] o [[14 de abril]] de [[1931]], Prieto foi nomeado ministro de Facenda do Goberno provisional presidido por [[Niceto Alcalá-Zamora]], e participou nos primeiros gabinetes da República, ocupando as carteiras de Facenda entre abril e decembro de [[1931]], e Obras Públicas ata setembro de [[1933]], sendo Xefe de Estado Alcalá-Zamora e Xefe do Goberno [[Manuel Azaña]].
 
Sendo ministro de Obras Públicas, continuou e ampliou a política de obras hidroeléctricas iniciadas na época de Primo de Rivera, así como un ambicioso plan de mellora de infraestruturas en Madrid, como o dos enlaces ferroviarios, a construción dunha nova estación en [[Estación de Chamartín|Chamartín]] e o túnel de enlace, baixo o chan de Madrid, entre esta estación e a de [[Estación de Atocha|Atocha]] (que a prensa opositora bautizou como ''Túnel de la Risa'', nome que persistiu ata hoxe), obras estas que non verían a luz ata moitos anos despois, como consecuencia da [[Guerra Civil]].
 
=== O golpe revolucionario de [[1934]] ===
 
A crise de setembro de [[1933]] provocou a saída dos socialistas do Goberno e que concorreran en solitario ás eleccións de novembro. A vitoria electoral do centro-dereita e a posibilidade de que a [[CEDA]] accedese ó poder orientaron ó socialismo español a preparar a [[Revolución de 1934|insurrección de outubro de 1934]], movemento no que Prieto tivo unha participación moi activa.<br />A súa propia opinión sobre o golpe revolucionario e a súa participación nel foi exposta publicamente con toda sinceridade anos despois nunha conferencia pronunciada en México e editada máis tarde nun libro da súa autoría:
{{Cita|Declárome culpable perante a miña consciencia, perante o Partido Socialista e perante España enteira, da miña participación naquel movemento revolucionario de outubre de [[1934]]. Declároo, coma culpa, coma pecado, non coma gloria. Estou exento de responsabilidade na xénese daquel movemento, mais téñoa plena na súa preparación e desenvolvemento. Por mandato da minoría socialista, houben eu de o anunciar francamente dende o meu escano do Parlamento. Por indicacións, houben de trazar no Teatro Pardiñas, o [[3 de febreiro]] de [[1934]], nunha conferencia que organizou a Xuventude Socialista, o que crin que debía ser o programa do movemento. E eu – algúns que me están a escoitar dende moi preto, saben a qué me refiro– aceptei misións que evitaron outros, porque tras elas asomaba, non só o risco de perder a liberdade, senón o máis doloroso de perder a honra. Porén, asuminas.
O fracaso do movemento revolucionario conduciuno novamente ó exilio, e abriu a brecha entre caballeristas e prietistas polo control do PSOE e a estratexia a seguir: Prieto representaba un punto de vista moderado dentro do partido e apoiaba a colaboración cos republicanos de esquerda para volver ó poder e como garantía de estabilidade das institucións republicanas. Por isto opúxose ás veleidades revolucionarias da esquerda do partido -reflectidas polo diario ''Claridad''- á radicalización das mocidades é á colaboración co [[PCE]] e a [[CNT]].
 
=== A Guerra Civil ===
 
Prieto era un firme convencido de que a situación política e social de España en [[1936]] necesariamente desembocaría nunha guerra civil, e así escribiuno e publicouno en diversas ocasións ó longo da primavera dese ano.
 
Trala caída da Fronte Norte en outubro presenta a dimisión, que non lle é aceptada, aínda que en marzo de [[1938]], tralo derrube da fronte de [[Aragón]] e os seus enfrontamentos con Negrín e cos ministros comunistas, sae do goberno.
 
=== O exilio ===
 
Apártase da política activa o resto da guerra, aínda que acepta unha embaixada extraordinaria en varios países de sudamérica, onde lle sorprende a fin da guerra. Desde o seu exilio en [[México]] lidera a fracción maioritaria do Partido Socialista. En [[1939]] fúndase a [[Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles]] (JARE), que ten por finalidade administrar os fondos de axuda ós exiliados republicanos e que Indalecio Prieto liderará. En [[1945]] entra a formar parte do goberno da [[República española no exilio|República no exilio]]. No congreso de Toulouse do PSOE en [[1946]] triunfaron as súas teses: condena de Negrín e a súa política, fervente anticomunismo, e colaboración cos monárquicos para restaurar a democracia en España. Porén, a consolidación do réxime [[Franquismo|franquista]] invalidou os seus proxectos e o levou a dimitir do seu posto da executiva en novembro de 1950. Morreu en México en [[1962]].
 
 
== Obras ==
 
Durante a súa estancia en México escribiu varios libros, entre eles:
 
 
== Notas ==
{{Listaref}}
<div><references /></div>
 
== Véxase tamén ==
*[http://www.madripedia.es/wiki/Indalecio_Prieto_y_Tuero] Artigo da Enciclopedia ''Madrid Siglo XX'', de [[Ana Martínez Rus]]
*[[Alfonso Carlos Saiz Valdivielso]]: ''Indalecio Prieto: crónica de un corazón''. Planeta, Barcelona. 1984 ISBN 84-320-5699-5
 
 
{{DEFAULTSORT:Prieto, Indalecio}}
44.499

edicións