Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calrosfking»

== Fauna de Galicia ==
Ola Carlos, se non che importa, gustaríame facerche unha pregunta. Parécenche axeitadas as categorías "Peixes e vida mariña" e "Invertebrados terrestres" no artigo [[Fauna de Galicia]]? Non o teño moi claro, xa que hai invertebrados terrestres que tamén forman parte da vida mariña, non si? Aproveito pra darche a noraboa polo traballo que levas facendo estes días coa fauna mariña galega. Un saúdo.--[[User:Hugo22|Hugo22]] 16:31, 9 febreiro 2010 (UTC)
 
Ola de novo Carlos, estou traballando no que me dixeches dos nomes, eu teño un libro moi bo no que aparecen tódolos réptiles e anfibios de Galicia cos seus mapas de distribución e os seus nomes, o malo e que non vou poder botar man del ata o verán. Cando poida poreime a editar mapas de distribución como fixen cos mamíferos e algunhas aves galegas (pódelos ver no meu perfil). Aproveito de paso pra facerche unha recomendación, pra vindeiras listaxes de artigos, non che parece mellor un modelo deste tipo [http://es.wikipedia.org/wiki/Reptiles_ib%C3%A9ricos bótalle unha ollada]?? Paréceme moito máis limpo e ordeado, eu se queres pódoche botar unha man co que faga falta. Dime que che parece. Un saúdo.--[[User:Hugo22|Hugo22]] 20:58, 10 febreiro 2010 (UTC)
15.286

edicións