Manuel Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: engado modelo sucesión
Liña 30:
 
[[Ficheiro:Rosalia.jpg|thumbnail|left|Rosalía de Castro, dona de Manuel Murguía]]
En 1859 o matrimonio trasladouse a [[Santiago de Compostela]], e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou ''[[La Primera Luz]]'', un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. En [[1862]] Murguía rematou o seu ''Diccionario de escritores Gallegos'' e en [[1865]] editou o primeiro tomo da súa ''Historia de Galicia''. Na revolución de setembro 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en [[1870]] xefe do [[Arquivo Xeral de Galicia]] ata 1875, foi director de ''La Ilustración Gallega y Asturiana'' (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No [[1886|86]] (anoao enano quede morreumorrer Rosalía) publicou ''Los precursores'', obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. No ano [[1890]], Murguía dirixiu xunto con [[Alfredo Brañas]] ''[[La Patria Gallega]]'', boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento [[nacionalismo galego|rexionalista galego]]. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da [[Asociación Regionalista Gallega|Asociación Rexionalista Galega]] (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural. En 1892 foi destinado á [[Biblioteca Universitaria de Santiago]] posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.
 
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de [[A Cova Céltica]]. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día [[25 de agosto]] de [[1906]] aprobouse a creación da [[Real Academia Galega]], que presidiría ata á súa morte.