Exuma, Bahamas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| class="prettytable float-right" align=right style="width: 300px; font-size: 95%;" |- style="background-color: #aaa; font-size: 110%;" ! colspan="2" | Exuma, Bahamas |- | colspan="..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2010 ás 12:33

Exuma, Bahamas
Vista da illa
Datos
Capital George Town, Exuma
País Bahamas
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2010)
Superficie
Densidade
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura
Localización
Localización da illa

Exuma é un distrito das Bahamas, que consta de máis de 360 illas (ou caios). O maior dos caios é Gran Exuma, que ten 60 km. de lonxitude. A cidade máis grande do distrito é George Town (poboación 1000), fundada en 1793 e situada en Gran Exuma. O Trópico de Cancro pasa pola cidade. Toda a cadea de illas ten 209 km. de longo e 72 km²

Exuma foi colonizada ao redor de 1783 polos Norteamericanos leais que fuxían da Guerra Revolucionaria de Independencia. Os expatriados crearon unha plantación de algodón para a economía das illas. George Town foi nomeada en honra a Xurxo III, a quen os colonos mantiveron a súa lealdade.

Lord John Rolle, un dos principais colonos lealistas asentado nas Exumas, é considerado unha gran figura para o patrimonio nas illas . Á súa morte en 1835, outorgou todas as súas máis importantes terras en Exuma aos seus escravos. Como resultado diso, unha serie de cidades en Gran Exuma foron nomeadas na súa honra (como Rolleville e Rolletown).

Exuma

As illas son un lugar popular para a vela, mergullo nos arrecifes de coral e a exploración de cavernas. Moitas das praias e illas incluíndo extensas áreas de arrecifes en alta mar, están incluídos no Exuma National Land and Sea Park. Algunhas das illas sobre as que hai residentes permanentes e resorts inclúen Caio Staniel (sede da Staniel Cay Yacht Club, unha instalación fixa nas Exumas), Caio Aves, Caio Musha e Caio Iguana. A Gruta Thunderball, situada a poucos centos de metros fóra de Caio Staniel, é o lugar onde foi filmada a película de James Bond Thunderball. Caio Sandy, que está a un curto paseo en bote de Exuma, foi o lugar utilizado para a rodaxe de varias escenas de Piratas do Caribe e un comercial de Shell.

As Exumas son o fogar histórico dos indios Lucaian, que foron totalmente escravizados nos anos 1500, deixando as illas deshabitadas ata a década de 1700. No ínterin, as Exumas proporcionan moitos agochos aos piratas. Elizabeth Harbor foi unha gorida favorita do capitán Kidd.