Romaría da Santa Lucía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 12:
Hai, durante a véspera (penúltimo [[venres]] de [[agosto]]), unha merenda con empanada no campo da festa e unha [[queimada]] seguida dunha festa e verbena ata altas horas da madrugada.
 
A festa continua o sábado pola mañá con pasarrúas a cargo de gaiteiros da zona. Posteriormente celébrase a [[romaría]] cunha procesión amenizada por [[gaita|gaiteiro]]s dende a igrexa parroquial ata o campo da festa e a posterior misa campestre, na que os devotos lle pasan panos á Virxe polos ollos para que lles conserve a vista. Logo hai festa de tarde e noite e verbena.
 
A festa continua o domingo co seu derradeiro día cunha procesión saíndo e chegando á igrexa pasando pola estrada. Posteriormente hai unha misa solemne na igrexa e, ás veces, festa de tarde e noite con pancetada.
 
Nos anos [[2001]] e [[2006]] non houbo festa. Como dato anecdótico, no ano [[2007]] a festa do sábado pola noite foi amenizada por un grupo de presos da cárcere de [[Teixeiro]], chamada ''Orquesta Gran Paradela'' .<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2007/08/17/0003_6066074.htm?idioma=galego Unha orquestra de presos actuará nas festas de Santalla de Rei]</ref>
 
==Próximas datas==