Diferenzas entre revisións de «Celtiberos»

m
Robot: Reemplazo automático de texto (-, etc + etc)
m (bot Engadido: bg:Келтибери)
m (Robot: Reemplazo automático de texto (-, etc + etc))
Os '''celtiberos''' son un [[pobos prerromanos|pobo prerromano]] que habitou o interior da [[Península Ibérica]]. As primeiras referencias escritas sobre os mesmos débense a xeógrafos e historiadores greco-latinos ([[Estrabón]], [[Tito Livio]], [[Plinio]] e outros), aínda que o seu estudo, que arrinca do [[século XV]], non adquire rango científico ata os inicios do [[século XX]] (marqués de Cerralbo, Schulten, Taracena, Caro Baroja, etc.), cobrando renovado impulso nos últimos anos ([[Wenceslas Kruta]]). Pese a este excepcional acervo literario, aínda hoxe se discuten aspectos fundamentais para a súa definición: os confíns do seu solar, a súa verdadeira personalidade ou a súa propia xenealoxía.
 
Con este termo adoita facerse referencia ás tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como aos idiomas que estes grupos falaban, aínda que, realmente, o termo celtíbero refírese unicamente a un dos pobos célticos da Peninsula Ibérica existindo outros con outros nomes ([[vettones]], [[vacceos]], [[lusitanos]], [[carpetanos]], etc.). Este pobo celtibero, que habitaba na Cordilleira Ibérica e á que os romanos consideraban unha mestura de celtas e íberos, diferenciábase dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos íberos da costa. Pero esta idea de que os celtiberos son o resultado da unión dos celtas e os íberos é un erro que xa se deu en época romana. Hoxe sabemos que os celtiberos son un pobo de cultura celta, que recibe influencias dos íberos pola súa proximidade, pero en ningún caso son o resultado dunha mestizaxe entre ambas culturas.
 
A xulgar polo rexistro arqueolóxico, os celtas chegaron á Península Ibérica no [[século -XIII|século XIII adC]] coa gran expansión dos pobos da [[Cultura dos Campos de Urnas]], ocupando entón a rexión noreste. No [[século -VII|século VII adC]], durante a [[Cultura de Hallstatt]] se expanden por amplas zonas da meseta e [[Portugal]], chegando algúns grupos a [[Galicia]]. Con todo, trala fundación grega de ''Massallia'' (actual [[Marsella]] na [[Francia]]), os [[íberos]] volven ocupar, o val medio do [[Ebro]] e o noreste peninsular aos celtas, dando pé a novos establecementos gregos ([[Ampurias]]). Os celtas da Península quedaron así desconectados dos seus parentes continentais, de maneira que nin a cultura celta de [[La Tène]] nin o fenómeno relixioso do [[Druída|druidismo]] lles chegarían nunca{{ReferenciaRequerida}}. A cultura celta na Península Ibérica chegará ao seu final coa conquista romana, á que moitas tribos célticas opuxéronse.
2.237

edicións