Terceiro Mundo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-, etc + etc)
Liña 1:
[[Ficheiro:HDImap current.png|right|thumb|310px|Mapa do [[Índice de desenvolvemento humano]]]]
 
Os termos '''Primeiro Mundo''', '''Segundo Mundo''' e '''Terceiro Mundo''', aínda que subxectivos, utilízanse para dividir as nacións en tres categorías. O termo '''Terceiro Mundo''' foi cuñado polo economista francés [[Alfred Sauvy]] en [[1952]], nun artigo da revista ''L'Observateur'', mostrando un paralelismo co termo francés ''[[Terceiro Estado]]'' (tiers état), para designar os países que durante o período da [[Guerra Fría]], non pertencían nin ao bloque occidental ([[Estados Unidos]] [[Europa Occidental]], [[Australia]], etc.), nin ao bloque [[comunismo (política)|comunista]] ([[Unión Soviética]], [[China]], [[Europa Oriental]], etc.). Estes países serían tamén coñecidos como o ''bloque dos non aliñados''.
 
Non obstante, na actualidade, este termo utilízase para diferenciar os países segundo o seu [[Índice de Desenvolvemento Humano]] (estabelecido polas [[Nacións Unidas]]), independentmente do seu estatus político. Os estados do terceiro mundo non son estados industrializados nin avanzados tecnoloxicamente en comparación cos estados membros da [[OCDE]]; polo tanto, a miúdo se utiliza como sinónimo o termo '''países en vías de desenvolvemento''' ou '''países subdesenvolvidos'''. Algúns estados son caracterizados así pola súa alta taxa de [[analfabetismo]] e as súas deficiencias económicas e políticas. As características comúns dos países do Terceiro Mundo adoitan ser unha base económica agrícola, unha economía endebedada cos países economicamente máis poderosos e unha escasa infraestrutura.