Fonteo, Baleira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1416463 de 80.103.0.6 (conversa) Vandalismo
Liña 32:
 
==Véxase tamén==
==='''RíoOutros Eo'''artigos===
*[[Lugares de Baleira]]
 
[[Categoría:Baleira]]
 
'''Se de algo vale, expoño a teoría de por qué "B(V)aleira" debería escreberse con V; e a tese do concluintemente, verdadeiro nascemento do río Eo.''' O concello da Valeira está formado por outas serras e profundos vales. Tendo numarosos pobos ca súa toponimia fai referencia ós devanditos vales, coma: Valdería; Valdebaixo; Valín; o proprio Cádavo, capitalidade do concello é un outeiro que fai nexo de unión entre vales, por un extremo deixa correr augas que recolle o río Eo, e polo outro verte augas que van o río Neira, e anque pareza encoscar o cosco, a verba actual podería derivarse de Cadavallis, ou Cadaval; Valdeirexe; e Aldegunde posibelmente na súa orixe gramatical Valdegunde. Mesmo cando remata o concello da Valeira, atopamos nos seus senllos cabos: a Valonga, no concello do Pol. Limitando polo autro temos o Val do Neira do Rei, no concello da Baralla; verba esta xurdida ó mellor de Valaia, ou Valalla. E podería darse a mesma desviación lingüística co lindeiro concello da Becerreá, orixinándose de Valderreá, ou Valderríos.
Polo analizado, a miña homildosa teoría vai encamiñada a que Valeira na súa orixe etimolóxica, axiomaticamente viría de vallis, podendo chamarse Vallería, ou Valleira, e derradeiramente Valeira; e sucedería o mesmo con Varalla, e con Vecerreá.
Por outra banda, segundo o meu estudo aprecio conclusións de que o río Eo nasce no lar de Fozadoiros, topónimo con posíbel orixe da verba Foxadosríos, ou Fossadauru. Fozadoiros está asentado entre as saias da serra do Pozo, a serra de Penas e a serra da Matanza; recolle augas da abondante fonte da serra do Pozo, o rego da Matanza, e o rego do Zarro de Sanguñedo, (pechado tod-ô perímetro diste devandito Zarro, por unha grosa parede de pedra e coios.) Tod-êstas augas confruen na parte máis fonda do Fozadoiros formando xa un pequeno río, que segundo a devandita tese, sería o Eo, por ser este o ponto máis outo da orografía desa marxe da serra; tal nacemento a un escaso kilómatro fixo moer o vello muíño do Fiero, e rega os praus do pobo da Gulpilleira. Neste lar da Gulpilleira é onde únese con el o río dos Mosqueiros, nado na Pradeda que, vai recollendo as augas dos regatos dunha marxe da serra da Vaqueriza: as da propia Pradeda, o Touzón, Perrelos, Vilaselle, llo Foxo. E as augas da outra marxe da serra da Matanza verten ó río Mosqueiros: os regos do Cádavo, a fonte do Candín, a fonte do Ferreirín, o rego das Lagas, lla fonte do Sanguñedo.
A Fonte do Fonteo podería chamarse esí por verter as súas augas ó río Eo, xa qu-êsta nasce no fondo do val, a carón mesmo dunha casa, e a escasos metros do caudal principal do río, nado xa a uns cinco kilomátros máis arriba, a onde verte as súas augas; a devandita fonte sempre abasteceu as necesidades do pobo de fonteo.
Sucede tamén un fenómeno semellante na Pastoriza na chamada Fontemiña, que dá o seu xorro ó caudal principal o río Miño que, ven nado xa dende a serra da Meira do lar chamado o Pedregal, pertencente ó concello da Meira. Con isto conclúo dicindo que, as veces as fontes levan o nome dos ríos nos que deixan as súas augas, dando orixe êstas polémicas confusións; a da Meira xa está acrarada, agardando tamén, ca da “V”aleira vaia polo mesmo camiño.
 
'''RÍO EO'''
''Querido Eo, Querido Eo,/
''nados na mesma terra/
''un e mais o outro,/
''ti en Fozadoiros''/
''no Candín eu./
''Tamén eu quixera/
''contigo viaxar,/
''o lombo das túas augas/
''cubertas de froriñas,/
''vogar e vogar /
''co pirlar dos paxaros/
''por veigas e prados/
''vilas e pobos;/
''lle brincar cos xuncos/
''llas troitas, llos martiños,/
''falar coas raiolas do sol/
''lla sombra dos ameneiros./
''Querido Eo, querido Eo,/
''eu tamén quixera/
''viaxar contigo,/
''quixera bicar a Fonteo,/
''abrazar forte a Santalla,/
''namorar a Pontenova,/''
''e saudar a Ribadeo./
 
Antón Cando