Impresión, sol nacente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
[[Ficheiro:Claude Monet, Impression, soleil levant, 1872.jpg|thumb|right|300px|''Impresión, sol nacente'' (1873).]]
'''''Impresión, sol nacente''''' (en francés ''Impression, soleil levant'') é un cadro do pintor francés [[Claude Monet]], cuxo título deu nome ó movemento [[impresionismo|impresionista]]. Realizado en [[1873]]<ref name=marmottan>[http://www.marmottan.com/francais/Collections/impression_soleil_levant.asp Páxina do ''Musée Marmottan Monet'' de París]</ref> durante unha breve estancia do artista en [[Le Havre]], representa o amencer no porto da cidade.
 
==A técnica==
A intencion do artista nesta obra non é capturar o detalle, senón plasmar un intre fugaz: o momento no que o sol se eleva no horizonte entre as néboas do porto de Le Havre. Así, Monet emprega pinceladas soltas coas que consegue que as formas desaparezan case por completo creando deste xeito unha sensación atmosférica: as figuras e a paisaxe están tan difuminadas que semellan un esbozo, coma ocorre coas barcas e co fondo da escena. Asemade, para plasmar o movemento da auga emprega unhas pinceladas discontinuas na súa superficie e no reflexo do sol <ref>[http://leiter.wordpress.com/2009/10/20/impresion-sol-naciente-claude-monet/ Páxina http://leiter.wordpress.com]</ref>.
 
==HistoriaContexto do lenzohistórico==
A obra foi presentada por primeira vez en [[1874]] na "I Exposición da sociedade anónima de artistas pintores, escultores e gravadores" <ref name=marmottan/> <ref>[http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/cuadros/3363.htm Páxina de ''artehistoria'']</ref>, que era unha alternativa ao Salón de París -o cal estaba vencellado á Escola de Belas Artes- onde podían expoñer as súas obras artistas independentes que buscaban unha renovación das artes. O autor houbo de buscarlle un título para incluila no catálogo da exposición:
 
{{cita| A paisaxe non é máis ca unha impresión, unha impresión instantánea, de ahí a etiqueta que nos puxeron, por certo pola miña causa. Enviei unha obra realizada en Le Havre, dende a miña fiestra, co sol na néboa e uns cantos mástiles de botes erguéndose no primeiro plano... Preguntáronme por un título para o catálogo, realmente non podía considerarse coma unha vista de Le Havre, así que dixen: "Ponlle ''impresión''"<ref>Forge, Andrew e Gordon, Robert. "''Monet''", páxina 58. Harry N. Abrams, Inc. 1989.</ref>.}}